20 de xuño de 2018

Éxito total da sección de patinaxe no Festival de Clausura do curso académico!!!

O pasado domingo tivemos o festival de patinaxe onde actuaron todos os alumn@s da sección de patinaxe así como patinadores da escola de Mondoñedo.
Foron un total de 18 coreografías que fixeron as delicias dun público que abarrotou o pavillón municipal, onde se puideron visualizar tamén os números cos que nos proclamamos no mes de maio campións provinciais na modalidade de grupos en primaria e secundaria.
Na clausura oficial e entrega de premios estiveron presentes a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López que agradeceu o traballo e constancia da sección para mellorar e sorprender continuamente así como o presidente do clube D. Pablo Maseda.
Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe