11 de feb. de 2017

Mellores marcas persoais do ano para Ainara Rguez. e Aleix Díaz hoxe en Asturias.

Participaba Aleix Díaz na xornada de mañá en Xixón nun control de 600 ó aire libre con un tempo de 1,37. E xa pola tarde rebaixaba a sua mellor marca en 300 en pista cuberta en Oviedo, con un tempazo de 41,03.
E a súa compañeira, a gran Ainara Rguez. competía en primeira instancia nos 1000 lisos aínda que unha carreira inicial demasiada lenta paraba o reloxio en 3,17,67, lonxe dos 3,11 necesarios para o Cto. de España.
Nos 300 lisos volvía hora e media despois Ainara para facer a súa mellor marca do ano, 45,00.
A vindeira cita para estas dúas figuras será no cto. provincial de campo a través que terá lugar precisamente aquí en Lourenzá o vindeiro domingo 19, aínda que ambos tenen a vista xa tamén  no 25 de febreiro onde Aleix participará por primeira vez nos 100 valados e Ainara buscará billete para Antequera nos 1000 lisos en Xixón.



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe