25 de feb. de 2017

AINARA RODRÍGUEZ acaba de clasificarse para o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 1000 CADETE!!!

As Escolas Lourenzá por medio da súa atleta Ainara Rodríguez volverán a estar de novo presentes nun Campionato de España despois de moitos anos, concretamente 11 anos despois da última  participación de Laura Campos no Cto. de España xuvenil en 400 valados en San Sebastián en pista cuberta no ano 2006.
Ainara Rguez. desprazábase hoxe xunto a Aleix Díaz e Ana Vallines a Xixón para participar nos 1000 lisos. A noticia acaba de saltar agora mesmo. Había que parar o crono por debaixo de 3,11 e a bala das Escolas acaba de facelo en 3,07,77.
Consigue así clasificarse para o Cto. de España de pista cuberta que terá lugar en Antequera (Málaga) o vindeiro fin de semana do 18/19 de marzo.
Noraboa a Ainara, á súa familia, á sección de Atletismo e a toda a familia das Escolas!!! Agora a disfrutar do momento!!! Grande!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe