29 de xuño de 2016

O vandalismo cébase co vehículo oficial do clube así como de varios vehículos e instalacións municipais!!!

As Escolas Deportivas Lourenzá foron agredidas esta madrugada(así como varias instalacións e vehículos do Concello de Lourenzá) nun acto de vandalismo incomprensible que deixa ós nenos sen servicio de transporte para o vindeiro torneo que xogamos este  fin de semana en Luarca (a saída xa era mañá xoves ás 18 horas) e afrontando múltiples gastos por rotura de lunas, espellos, faros, mando de luces e intermitentes.... A Garda Civil xa investiga os feitos e esperamos que en breve se poda averiguar o culpable ou culpables deste vil acto. Día triste para o clube!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe