16 de xuño de 2016

A directiva coa colaboración do Concello de Lourenzá rexenera Sta. Cruz así como o bar do campo.!!!

A directiva traballa estos días na rexeneración do terreo de xogo de Sta. Cruz así como no bar do campo. No campo de fútbol a misión principal é a da recuperación das áreas así como unha escarificación do resto do terreo, aínda que esta temporada é un ano no que o campo non sufríu moito debido a ter o campo anexo de Sta. Cruz para adestrar e para disfrutar encontros de categorías inferiores.  No bar do campo o chan xa conta con plaqueta que poderán disfrutar os socios e aficionados unha vez comence a nova tempada 2016/2017. O Concello de Lourenzá colaborou aportando todo a insfraestructura e a inversión de material necesaria para realizar as obras tanto do bar como no céspede; polo que dende a directiva  agradecemos profundamente a súa colabaración.




Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe