20 de out. de 2015

Presentado Oficialmente en liga un Ilusionante Terras da Mariña Junior!!!

O pasado domingo presentouse oficialmente o equipo junior das Escolas estreando novo patrocinio, Terras da Mariña Cooperativa Galega. No acto de presentación estivo o equipo ó completo coas adestradoras Laura Fdez. e Ainhoa Vega, xunto cos presidentes das dúas entidades vinculadas Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá) e Ramiro Chao(Presidente da A. Deportiva Salto do Coro)
O equipo debutou en Liga Junior Autonómica diante do Costa Ártabra de Ferrol (antiguo Mercedarias) e causou unha fenomenal impresión aínda que ó final se perdía por un punto (47/48). 
Moita sorte, rapazas!!! Vamos!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe