26 de out. de 2015

Loli Piñeiro sube ó pódium para o Atletismo Lourenzá na Popular do Corgo

Representación do CLUBE ATLETISMO LOURENZA na carreira "ARUMES DO CORGO" no Corgo.  LOLI alcanzaba un terceiro posto como veterana 1 (terceira da xeral) e MARISA un cuarto posto como veterana 1 (quinta da xeral) detrás de atletas destacadas como CHUS VALIÑA e ANA GONZALEZ MARGARIDE. Na categoría masculina;  LUIS GRAÑA quedaba no posto 24 da xeral (noveno da categoría) e RUBEN MÉNDEZ no posto 27 da xeral (sexto da categoría).
Ademáis o clube estivo na 37 EDICION DA CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO grazas ó noso compañeiro JOSE GAVIN.
E xa para rematar,  representación do CLUBE ATLETISMO LOURENZA na carreira popular de Xove a favor de caritas grazas o noso compañeiro MOHAMED BOUYZAR.
Este foi un domingo de moitas citas co deporte e o noso clube quixo repartirse para estar en todas as que nos foi posible. Gracias!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe