19 de maio de 2015

O Maderas Barcia Lourenzá A Benxamín Clasifícase para as Semifinais de Copa de A Mariña!!!

Sorte dispar para os equipos benxamín do Maderas Barcia este pasado sábado en Barreiros. O equipo A clasificabase para as semifinais despois de vencer ó Barreiros(10-1) e ó Cidade de Viveiro(9-0); mentres que o B(formado por xogadores de primeiro ano)sucumbía diante do Pilar(5-3) e do Xove(4-0).
Así pois o vindeiro sábado na Pontenova o Benxamín disputará as semifinais diante do Santiago de Foz ás 13,30 horas.
De ganar, a final ás 19,45 e de perder o 3º/4º posto ás 17,00 horas.
Equipo Benxamín de Maderas Barcia Lourenzá este pasado sábado en Barreiros


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe