17 de nov. de 2013

Crónica de Jose Díaz da carreira prestixiosa S. Martiño 2013!!!

Diario dun "San Martiño". 17/11/2013, 6.30 h., soa o despertador biolóxico, xa que o despertador mecánico estaba posto para as 6.50 h., pero o gusaniño da "San Martiño" chamaba a erguerse. Ducha para espabilar, baixo ó comedor para almorzar, ovos revoltos con panceta, pan con xamón, 2 tipos de queixo e xamón cocido, pastel de chocolate, un donuts normal, un donuts de chocolate, un kiwi, unha mandarina, 3 cafés grandes e 3 vasos de zume de laranxa.
Ás 11 h. dan a saida a máis de 5.000 participantes. 41 minutos e 7 segundos máis tarde entro na meta. Misión cumprida, mellor tempo que o ano pasado.
Agradecer ós mesu compañeiros das Escolas Deportivas de Lourenzá, a Pablo Fernandez, Carlos Ovide, Nacho e Michel po-la sua compañía nos adestramentos e os seus ánimos ó longo do día de ontes e hoxe. Noraboa tamén ós mencionados antes que tamén participaron hoxe na carreira.
Tamén saquei unha conclusión, que non por almorzar máis, chegas antes á meta. Hai que adestrar e se o fas en boa compañía como teño eu a sorte, todo é posible.
A carreira de hoxe, ¡unha gozada!

Jose, antes da saída na popular de Ourense

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe