6 de out. de 2012

Agradecementos pola Val das Fabas 2012!!! Gracias!!!

As primeiras fotos da popularísima III Val das Fabas 2012 queremos que esta vez sexan para todos aqueles que botastes unha man de forma desinteresada formando parte dunha organización de preto de 50 persoas!!!. Con particular cariño á sección de ciclismo das Escolas(coordinados por Paco), ós xogadores dos equipos de fútbol Cadete e Xuvenil, a Garrafín, ós papás da sección de atletismo das escolas,  ós Directivos das escolas, á Garda civil de Tráfico, a Protección Civil e a todo o persoal do Concello que botou unha man.
Non nos podemos esquecer dos grandes protagonistas, os atletas,  que fixestes que pasáramos unha tarde inesquecible dun gran ambiente deportivo. Felicitarvos a todos e, sobre todo ós gañadores Delio Val no apartado masculino e Noemí Moral no apartado feminino.
Nos próximos días publicaremos os gañadores de todas as categorías así como un montón de fotos. 
Moitas gracias a tod@s!!!




Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe