4 de out. de 2012

A Val das Fabas, polo bo camiño!!! Faltan 2 Días!!!

    A día de hoxe as inscripcións na III Val das Fabas superan xa o total de participantes da II Edición do 2011. Recordamos a tod@s  o seguinte horario:
16,30. Saída da proba en Cantón para categorías menores.
17,30. Saída da proba en Cantón ó circuito urbán de cadetes, juniors e séniors.
    Os participantes que abarrotarán a nosa vila proceden a maioría de Galicia (Ourense, Vigo, Pontevedra, Lugo, Boimorto, As Pontes, Ribadeo, Pontenova.....), da veciña Asturias (Tineo, Barres, Vegadeo, Xixón.....) e de Castela-León. Tamén estarán os dous campións da proba do ano pasado, co obxectivo de batir o récord masculino e feminino.
    Recordade que unha vez remate a proba teremos a entrega de trofeos e medallas para os 3 primeiros clasificados nas 21 categorías no propio Cantón!!!
   As duchas estarán no Pavillón Municipal e alí tamén desgustaremos un pequeno ágape entre todos os participantes e colaboradores.
    Moita sorte a tod@s!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe