22 de set. de 2012

Foz - Lourenzá. Derbi de necesitados. En directo!!!

Mañá domingo chega na 4ª Xornada un derbi de necesitados. Enfrentámonos a un Foz que todavía non puntuou ante un equipo o noso que non coñece a victoria. Viaxamos coas xa coñecidas baixas de Luchi e Felipe (por lesión) e a de Montxinho (por sanción). Partido moi complicado posto que o Foz intentará poñernos as cousas moi difíciles para puntuar.
O partido, ás 17:00 horas. Os que non podades viaxar a Foz podedes seguilo a través da nosa páxina oficial así como do twitter.
É ademáis un partido histórico por ser a primeira vez que xogamos en Liga un partido oficial (ata agora xogaramos contra o Foz en amistosos e categorías inferiores).
Moita sorte, rapaces!!!
DOMINGO. 17,00 H: FOZ - LOURENZÁ. M. OTERO

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe