3 de set. de 2012

Basket: Juan Nécega sustitúe a Cris Vázquez á fronte do equipo de 1ª Autonómica.

Cris Vázquez non seguirá esta vindeira temporada ó fronte do equipo de 1ª Autónomica Lourenzá Ensino, aínda que sí seguirá ligada á disciplina do Ensino traballando nas categorías inferiores con equipos en Liga Autonómica. Dende a directiva só temos verbas de agradecemento hacia Cristina polo traballo realizado, chegando o equipo a temporada pasada a situarse como 6º  clasificado da Liga, o que nos daba a mellor clasificación da nosa historia dos sete anos que levamos nesta competición.
Así pois, retorna ó equipo un vello coñecido pola afición: Juan Nécega despois de estar a temporada pasada co cadete e junior do Ensino alternará esta temporada o Junior Feminino  co de 1ª Autonómica, e fará ó mesmo tempo de enlace co equipo de Liga Feminina - 2.
Na medida en que se confirmen as renovacións de xogadoras así como as novas incorporacións iremos informando.
Ademáis, acabamos de coñecer o calendario desta nova temporada:
1ª Xornada: Universitario C. Ourense - Lourenzá Ensino. 21 Outubro.
2ª Xornada: La Salle Santiago - Lourenzá Ensino. 4 Novembro.
3ª Xornada: Lourenzá Ensino - Pio XII Santiago. 11 Novembro.

Tan pronto esté publicado, daremos a dirección do enlace.
Moita sorte nesta nova andaina...!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe