12 de feb. de 2012

Final na Marosa: Victoria dedicada ó Chinco(Rubén): Burela 0, Lourenzá 1 (Montxinho)

Grande o equipo de 1ª Autonómica. Partidazo dos rapaces de J. Manuel logo dunha primeira metade igualada. Ó descanso: 0-0. Na reanudación, o dominio foi total e Bugui non pasou ningún apuro. A pesar de anular o árbitro un gol totalmente claro de Noé a instancias do xuíz de línea, no minuto 90 chegaba a xustiza no marcador tras un gran contraataque finalizado por Montxinho tras un extraordinario pase de 40 metros dun gran Noé.

Destacados: TODOS.
Este resultado o equipo dedícallo ó Chinco que o pasado venres recibíu a alta médica despois de pasar 7 días en observación.
Noraboa, chavales!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe