16 de feb. de 2012

Elena Sánchez, nova alta para o equipo de 1ª Autonómica Basket

Elena Sánchez acaba de facer o seu primer adestramento co equipo de Autonómica das E.D. Lourenzá Ensino.

Elena firma ata o final da liga co fin de axudar ó equipo a conseguir unha das dúas prazas que dan dereito a xogar a promoción de ascenso.
Elena, que militou e defendeu a elástica do Maquinaria Durán Ensino En Liga Feminina I e II nas últimas temporadas, supón todo un baluarte dentro da zona pola súa experiencia e oficio.Ten 33 anos e mide 1,85. É natural de Monforte.
Terá ficha en autonómica, e poderá tamén subir ó equipo de Liga Feminina II cando o primeiro equipo así o necesite. 
En principio, se os trámites federativos o permiten; poderá debutar este vindeiro domingo en Lourenzá ás 12:00 horas diante do todopoderoso Universitario de Ferrol.
Benvida, Elena, MOITA SORTE!!!

Elena, entrando a canasta en Liga Feminina diante do Extrugasa de Vilagarcía



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe