25 de ago. de 2011

Xa temos calendarios de fútbol XUVENIL E INFANTIL. "Pinchar aquí para calendario completo"

FÚTBOL XUVENIL:
1/10/11: Lourenzá (Descansa)- Pedido con motivo da Festa da Faba
8/10/11: Lourenzá - Xove Lago
15/10/11: Viveiro - Lourenzá
22/10/11: Lourenzá - Burela
05/11/11: Pastoricense - Lourenzá.

FÚTBOL INFANTIL:
COMENZO DE LIGA: 10 DE SETEMBRO!!!
10/9/11: Lourenzá - S. Roque
17/9/11: Polvorín - Lourenzá
24/9/11: Lourenzá - Ribadeo
1/10/11: Becerreá - Lourenzá
8/10/11: Lourenzá - Palas Rei

22 de ago. de 2011

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA FESTAS CONDE SANTO. LOURENZÁ 2011

VENRES, 26 DE AGOSTO DE 2011:
18,00 Horas: XIV Edición do Día DA BICI. Percorrido dende a Praza do Conde Santo ata a área recreativa de A Cazolga. Inscripción na Praza unha hora antes; e agasallo de camiseta conmemorativa aos 100 primeiros anotados. Sorteo dunha "mountain bike" entre todos os participantes ó final do percorrido.
Organiza: Concello de Lourenzá. Colaboran: Motos Santalla, Protección Civil, E.D. Lourenzá, Asociación Fonte da Rá, Pastelería Cabaleiros, La Voz de Galicia.


SÁBADO, 27 DE AGOSTO DE 2011:
17:30 Horas: Trofeo Infantil Conde Santo 2011 entre os equipos E.D. Lourenzá e a S.D. Burela.
19:00 Horas: Trofeo Xuvenil Conde Santo 2011 entre os equipos E.D. Lourenzá e Sp. Pontenova.

DOMINGO, 28 DE AGOSTO DE 2011:
18:30 Horas: XIV Trofeo Concello de Lourenzá entre os equipos E.D. Lourenzá (1ª Autonómica) e Iberia C.F. (2ª Autonómica). Presentación do equipo E.D. Lourenzá diante dos seus aficionados.

21 de ago. de 2011

O Lourenzá en Primeira División Feminina. Artigo "El Progreso". Pinchar aquí para artigo ó completo


Basket Lourenzá
La única alegría de las decisiones tomadas por la Federación Galega de Baloncesto respecto a los ascensos administrativos fue la de la ED Lourenzá, que volverá a competir en Primera División femenina. En este caso el mayor aval del cuadro rojillo estuvo en su consistencia como club, ya que las laurentinas cuentan con una gran infraestructura deportiva y económica detrás al contar con el apoyo del Concello.
Ahora falta por conocer el calendario de competición en Tercera División masculina, así como la configuración definitiva de la categoría. El objetivo de la temporada para CB Xove y ED Lourenzá es la permanencia, mientras que para el Celtas no cabe otra opción que no sea el ascenso. Es por ello que Pablo Castro está configurando una plantilla competitiva para la categoría e incluso para alguna superior.

20 de ago. de 2011

Novo amistoso en 1ª Autonómica: Mondoñedo 1 - Lourenzá 3. Adrián Alfonso, cedido ó Mondoñedo.

Bo partido o realizado no día de onte venres en Mondoñedo co resultado final de 1 a 3.
Descanso:0-2. Reapareceu despois do seu período vacacional Iván Recalde.
Goles: Marcos (2) - Recalde (1).
Na portería do Mondoñedo estivo o noso gardameta Adrián Alfonso; que se irá cedido para poder disfrutar de máis minutos ata o mes de xuño, salvo que xurda un contratempo e teña que reincorporarse de novo esta temporada.




19 de ago. de 2011

Notición de Basket: VOLVEMOS A SER DE PRIMEIRA!!!

A federación Galega de Baloncesto acaba de facelo oficial: as E.D. Lourenzá volverán a ser de Primeira. As xestións da directiva deron os seus froitos e volveremos a estar xogando a mellor liga de baloncesto de Galicia en categoría feminina por 7º ano consecutivo!!!.

Os equipos que formaremos parte desta liga somos:
CALASANCIAS CORUÑA
COMPAÑÍA MARÍA VIGO
ARXIL MAFARI PONTEVEDRA
CB ALLARIZ OURENSE
S. PELAYO DEPORTES CANEDA SANTIAGO
CELTA UNIVERSIDADE DE VIGO
UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE
CENOR CLUNY SANTIAGO
UNIVERSITARIO FERROL
AIREXA NIGRÁN
LA SALLE SANTIAGO
CANTEIRAS PORRIÑO
E.D. LOURENZÁ
C.B. PÍO XII SANTIAGO

    Agora o reto será o de facer unha plantilla o máis competitiva posible, para tratar de non pasar os apuros da temporada pasada aínda que vai a ser moi complicado pola calidade dos equipos que a priori competirán nesta temporada 2011 - 2012.
Noraboa a tod@s

Test válido en Foz a pesar do resultado: Foz 1, Lourenzá 0. Fútbol 1ª Autonómica.

Derrota pola mínima no día de onte dun equipo que xogou con dous onces case completamente distintos na primeira e segunda parte.
Na primeira metade o equipo tivo o control do partido en todo momento e dispuxo de tres clarísimas ocasións para marcar por unha do Foz que atallou de forma espectacular o meta Xoel.
Na segunda metade do encontro nivelaronse as forzas pero aínda así o cuadro de J. Manuel anotou un gol anulado por un moi riguroso fóra de xogo.
Descanso:0-0.
No día de hoxe venres visitaremos ós veciños de Mondoñedo, nun partido amigable que se xogará a partir das 20.30 horas.

17 de ago. de 2011

Foz e Mondoñedo, novas saídas do equipo de 1ª autonómica

Mañá xoves día 18, a partir das 20,30 horas estarán os pupilos de J. Manuel no Martínez Otero na disputa do 5º amistoso da pretemporada. E o venres, sen descanso, visitaremos ós nosos veciños de Mondoñedo nun encontro programado a partir das 21,00 horas. A partir de ahí, seguro que os nosos xogadores se toman un merecido descanso de fin de semana na Cazolga!.

14 de ago. de 2011

O técnico J. Manuel no Progreso: "estoy gratamente sorprendido con la predisposición de los jugadores".


Lourenzá
El cuadro laurentino lleva dos semanas trabajando y su técnico, José Manuel, se muestra encantado con el arranque, sobre todo por la actitud de los futbolistas. «Es muy pronto para sacar todavía conclusiones, pero lo que sí puedo decir es que estoy gratamente sorprendido con la predisposición de los jugadores. En este club no se cobra un duro y los futbolistas juegan por amor a unos colores, pero no es sólo eso, sino que la asistencia a los entrenamientos es fantástica y el compromiso, ejemplar», subrayó.
El técnico considera que lo más importante para él en los primeros encuentros es «ir viendo las características de cada jugador, porque todavía no los conozco mucho» y a nivel colectivo, «plasmar lo que estamos entrenando».

13 de ago. de 2011

LA CARIDAD C.F. 3, LOURENZÁ 0.

Derrota por 3-0 no 4º ensaio da pretemporada nun encontro xogado no occidente astur. A pesar das múltiples baixas do día de hoxe e de ter diante a un conxunto de Preferente, o equipo mantivo o tipo ata o descanso ó que se chegou co resultado de 1-0.
Destacar que no día de hoxe debutaron co equipo 3 xogadores en edade xuvenil: o medio centro ROI, o lateral PULPEIRO e o extremo ROCHA.
A vindeira cita o próximo xoves en Foz!!!

11 de ago. de 2011

Viveiro 0, Lourenzá 0. Terceiro partido da pretemporada con boa actuación.

Empate sen goles en Cantarrana onde os pupilos de José Manuel causaron unha grata impresión. O equipo sacou dous once distintos e estivo no encontro disputándoo en todo momento. Esperamos que sigan os rapaces de 1ª  por este camiño, xa que sabemos que a temporada non será nada sinxela. Noraboa!!!

8 de ago. de 2011

C. Barreiros 0 , Lourenzá 4. O equipo segue acoplándose.

Goles: Marquinhos (2), Toñito (1), Lucas (1).
Descanso:0-2.
Os dous goles de Marcos na primeira metade poñía  resumo do que foi o encontro ata ese momento. Chegadas contínuas dos nosos rapaces que estiveron ben entonados.
Na segunda metade, a pesar dun lixeiro baixón, chegaron dous goles máis, o estreo de Toñito e a oportunidade que non deixa pasar diante do gol do Sr. Lucas.
Ademáis, erramos dúas penas máximas (Diego Rego e Toñito).
No día de hoxe debutou o central Oscar Otero, que tivo unha destacada actuación.
No Celta Barreiros estivo na portería o noso "Pitero"; que estará cedido no conxunto de S. Cosme durante esta vindeira temporada.
Once Inicial do Lourenzá en Barreiros.

Pitero, co seu novo equipo esta vindeira temporada

7 de ago. de 2011

Real Tapia 2, E.D. Lourenzá 0. Primeiro partido que deixa bo sabor de boca pese á derrota.

No día de onte debutou en pretemporada en Tapia o equipo de 1ª autonómica dirixido por J.Manuel. 
Resultado ó descando:0-0. 
O equipo saíu dubitativo pero a medida que foi avanzando o encontro foise encontrando mellor sobre o terreo de xogo. Os goles do Tapia chegaron ó final do partido en sendas xogadas ailladas. 
Debutaron Oli, Alberto e Toñito co equipo así como Manu que se incorpora dos xuvenís.

Once inicial: 
Bugui 
Isra - Omar - Dani Rego - Oli
Alberto - Pablo - Diego Rego - Víctor
Toñito - Marcos.

Once 2ª parte:
Adrián
Alberto - Omar - Dani Rego - Lucas
Noé - Oli - Garrafín - Moncho
Chicho - Manuel



"Pinchar nas fotos para ampliar imaxe"

3 de ago. de 2011

Os infantís e xuvenís tamén debutaron en Sta. Cruz.

Onte martes foi o día do futuro do fútbol de Lourenzá. Presentáronse oficialmente os xogadores en edade infantil e xuvenil, e coñeceron tamén os que serán os seus adestradores e delegados para a presente campaña; así como os horarios de adestramentos.
Brenan Rivas será o encargado de dirixir a plantilla infantil, axudado polos delegados Ramiro Chao e Moisés López.
Rubén G. Piñeiroa retoma o mando dos xuvenís e terá como delegados a Juan Carlos Terrón, Miguel Gavín e como axudante a Marcos Fernández


"El E.D. Lourenzá, de estreno". Artigo La Voz de Galicia. "Pinchar aquí"

2 de ago. de 2011

Publicado Calendario de 1ª Autonómica: Ferreira Pantón - Lourenzá. 1º partido. Pinchar aquí para ver calendario completo

Acabamos de coñecer o calendario que nos depara esta temporada a liga de 1ª autonómica. Non será un comenzo nada fácil:
1º - FERREIRA - LOURENZÁ - 4 SETEMBRO
2º - LOURENZÁ - BÓVEDA - 11 SETEMBRO
3º - LEMOS - LOURENZÁ - 18 SETEMBRO
4º - LOURENZÁ - PORTOMARÍN - 25 SETEMBRO
5º - LOURENZÁ - BURELA: TROFEO DA FESTA DA FABA !!!

O equipo de Primeira Autonómica xa suda por Sta. Cruz!!!

No día de hoxe luns presentouse o equipo de 1ª Autonómica de fútbol, realizando así a tradicional foto de inicio de campaña. No acto estiveron presentes os directivos das escolas, aficionados e tamén o alcalde, D. Vidal Martínez-Sierra López; que se dirixíu ós nosos rapaces para dárlles ánimos e ilusións para esta nova campaña. Despois destes prolegómenos, a plantilla exercitouse por primeira vez ás ordes de J. Manuel, que dirixíu así o seu primer adestramento coa plantilla.



Podedes "Pinchar" encima da foto para visualizar mellor as imaxes!!!

26 de xul. de 2011

2 de Agosto: Presentación dos equipos infantil e xuvenil das E.D. Lourenzá

O vindeiro 2 de agosto, ás 19:00 horas no municipal de Sta. Cruz; están convocados os xogadores das escolas de edades xuvenil, infantil e alevín de 2º ano.
O obxectivo desta xuntanza será a de realizar a foto oficial do inicio de campaña e asistir á presentación dos adestradores e delegados dos equipos. Este día faremos o primeiro adestramento, polo que debedes de asistir con roupa apropiada.

O Equipo de 1ª Autonómica preséntase o 1 de Agosto

O vindeiro luns 1 de Agosto arranca a temporada e os xogadores de 1ª autonómica empezarán a poñerse a punto para un inicio de campaña que promete interesante.
Ademáis de realizar a "tradicional" foto de inicio de campaña, ese día podemos ver as evolucións dos nosos rapaces porque farán xa o primeiro adestramento. Estarán a maoiría do plantel que tantas satisfacións nos deu a temporada pasada, as novas incorporacións e o novo míster encabezando o novo proxecto, José Manuel.

15 de xul. de 2011

Fútbol Xuvenil e Infantil: xa coñecemos rivais de grupo. Ollo coa Liga Infantil ! 16 Equipos!!!

Fútbol Xuvenil:
VIVEIRO B
C.D. FOZ
SAGRADO CORAZÓN A
BURELA S.D.
U.D. XOVE LAGO
S. PONTENOVA
C.D. ALFOZ
U.D. PASTORICENSE
C.D. COSPEITO
E.D. LOURENZÁ
S.D. RIBADEO (Nova alta)
A.D. PRAIA DE COAS (Nova alta)
Accede a xogar ascenso o Campión e o 2º Promoción.


Fútbol Infantil:
RACING VILALBÉS
C.D. FOZ
C.D. LUGO B
S. CORAZÓN
BURELA S.D.
RESIDENCIA B
A.D. FERROVIARIA
BECERREA S.D.
S.D.C. POLVORÍN
A. ABUIN
E.F. VIVEIRO
S.D. RIBADEO
S.D.C. S. ROQUE
SARRIA S.D.
E.D. LOURENZÁ
E. LUCENSE FÚTBOL

4 de Setembro: Comenzo de Liga en 1ª Autonómica de Fútbol.

O pasado mércores, na asamblea da federación galega de fútbol en Lugo, confirmouse o 4 de setembro como o día do comenzo da Liga de Fútbol en 1ª Autonómica. Nun grupo de 18 equipos, ascenden os 2 primeiros e descenden directamente os 2 últimos. 
O grupo queda tal e como o adiantamos fai algún tempo:
LEMOS
PÁRAMO
OUTEIRO DE REI
CASTRO

PASTORICENSE
FERREIRA
TABOADA
MILAGROSA
BURELA
BÓVEDA
CABREIROS
RIOTORTO
LOURENZÁ
VALADOURO
XERMADE
ALFOZ
RESIDENCIA
PORTOMARÍN

13 de xul. de 2011

El Lourenzá completa su plantilla con las incorporaciones de Oli y Alberto. Artigo "La Voz de Galicia". Pinchar aquí.

Oli, nova incorporación ó equipo de fútbol de 1ª autonómica.

A última hora do día de onte Oli Rojo Regueira comprometeuse co novo e ilusionante proxecto do equipo de fútbol de 1ª autonómica para a vindeira temporada. Oli procede do Santaballés, e xoga habitualmente de central ou medio centro. Nos próximos días será presentado oficialmente.
Con este reforzo de Oli, así como coas altas de Toñito, Oscar, Alberto e o regreso ó equipo de Víctor Redondas; xunto coa incorporación durante a pretemporada dos xogadores que proceden de xuvenís Jorge, Manu, Pitero, Joseinho, Imad e Michael; dase case por pechada unha plantilla que esperamos nos faga disfrutar do seu xogo en 1ª autonómica un ano máis.
Os xogadores que causan baixa na 1ª plantilla por diferentes motivos son Carlos, Brenan, Titi e Michael.
No día de hoxe teremos a asamblea da federación galega de fútbol á que estamos convocados todos os clubs da provincia. Supoñemos que no día de mañá xoves avanzaremos o día que comenza a Liga así como a composición definitiva do grupo.

Toñito, Oscar e Alberto, presentados oficialmente no día de onte en Sta. Cruz.

No día de onte foron presentados no municipal de Sta. Cruz Toñito (procede do Xove Lago), Oscar(procede do Burela) e Alberto (procede do Mondoñedo). Dándolles a benvida estivo Pablo Maseda, directivo das Escolas e Concelleiro de Deportes. Toñito desenvólvese na posición de interior, Oscar xoga de central e Alberto ocupa a demarcación de lateral. Dende aquí desexámoslles que teñan moita sorte nesta nova etapa que comenzan con nós, agradecéndolles de antemán a súa predisposición a participar neste novo proxecto para competir por cuarta temporada consecutiva en 1ª autonómica. 

9 de xul. de 2011

Futbol autonómica. Lourenza move ficha. Toñito e Oscar incorporanse ó novo proxecto

Toñito e Oscar xogaran esta vindeira tempada en sta. Cruz. Toñito procede do Xove de preferente e actua como extremo mentres que Oscar ven do Burela e actua como central. A vindeira semana serán presentados.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe