Amosando publicacións coa etiqueta padel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta padel. Amosar todas as publicacións

2 de ago. de 2017

O Pádel, tamén de moda en Lourenzá!!! Éxito das clases de pádel!!!

No concello de Lourenzá deron comenzo con gran éxito as clases de Padel!!!
Todos os que queirades participar nas mesmas podedes facelo informándovos a través do monitor no teléfono 617.45.00.96 (Héctor). As sesións que se están a impartir son individuais, parellas e tamén realizando clases-partido.
Así que se estabas dubidando en iniciarte éste é o teu momento!!!
Ademáis lembramos o enlace directo para reservas de pista que ata o do momento está sendo un éxito pola súa comodidade e facilidade:
RESERVAR PISTA ONLINE


13 de xul. de 2017

A túa páxina de reservas online de Pádel en Lourenzá: http://lourenza.pistas-online.com/

http://lourenza.pistas-online.com/
A partir de agora, e gracias á iniciativa da Concellería de Deportes do Concello de Lourenzá; solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado.
Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, poderás reservar online directamente dende calquera dispositivo.

Dirección: http://lourenza.pistas-online.com/ (si entras desde un dispositivo móvil, envíate automáticamente á versión móbil)

Dirección versión móvil forzada: http://m.lourenza.pistas-online.com (se entras na versión móbil desde un ordenador)

Dirección versión clásica forzada: http://c.lourenza.pistas-online.com (se entras na versión clásica desde un móbil)

Na web lévase unha contabilidad persoal de cada usuario, e poden reservar de media hora en media hora. Lembrade que a taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros que se aboan directamente por Tpv.
Unha vez reservada, pódese imprimir un xustificante de reserva ou presentar o mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón onde nos darán a chave de acceso á instalación.




14 de maio de 2017

Pádel: O Concello de Lourenza e a empresa IG10 asinaron un convenio para impartir clases de pádel na pista municipal!!!



A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o xerente da empresa de xestión deportiva IG10, Ibán García, asinaron un convenio de colaboración entre o Concello e a firma para impartir clases de pádel na pista municipal. No acto estiveron presentes tamén o concelleiro de deportes, Francisco Dasilva, e o monitor do club Activity Center-IG10 Héctor López, que será o encargado da prestación do servizo.
Francisco Dasilva explicou que “tamén se está a poñer en marcha unha aplicación a través da cal todos os usuarios poderán reservar con maior facilidade o uso da pista de maneira on line sen necesidade de desprazarse ó Concello”.
Dasilva resaltou “a importancia de apostar polo deporte e de por en marcha novas modalidades como o pádel, que de seguro terá boa aceptación para nen@s e maiores”. Ademais anunciou que “ó longo da tempada deportiva realizarase un torneo de pádel Concello de Lourenzá, no que todos os alumnos poderán poñer en práctica os fundamentos e recursos aprendidos nas clases e no que tamén poderán participar todas as demais persoas que así o desexen”.

22 de out. de 2014

O PÁDEL, NOVA SECCIÓN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Dende esta semana as Escolas contan cunha nova sección deportiva, O PÁDEL. Todos aqueles adultos que estedes interesados en participar neste deporte debedes de poñervos en contacto cos dous rapaces que estarán á fronte da sección, Roberto (609.48.85.41) e Ximil (672.19.16.05) ou ben enviarnos un correo a escolaslourenza@gmail.com. O obxectivo é empezar a facer diversos grupos que adestren e compitan co nome das Escolas Deportivas respresentándonos nos distintos torneos e campionatos que se disputan ó longo do ano e que comenzan agora en Novembro. Dende a directiva desexámoslle toda a sorte do mundo a esta nova sección!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe