Nunha xuntanza telemática que tivemos no día de onte coa federación e os equipos de 1ª, 2ª e 3ª; os responsables federativos presentaron un plan competicional con dous subgrupos. O noso estaría cos equipos de 1ª da Terra Chá e da Mariña. Os 3 equipos primeiros ó final da fase regular loitarían polo ascenso e o resto polo descenso.
Para que o inicio da Liga se produzca, Sanidade ten que autorizar o fútbol afeccionado. Hoxe dase a casualidade que se publica no Doga que para deportes de contacto ten que utilizarse a mascarilla, polo que o inicio da liga podía ralentizarse.