28 de dec. de 2018

Lourenzá terá pista de xeo a partir do 1 de Xaneiro no Anexo Sta. Cruz!!!

O Anexo Sta. Cruz estase preparando para unha xigante pista de xeo. A partir do vindeiro martes 1 de xaneiro e ata o domingo 6, todo aquel que o desexe poderá acercarse ata Lourenzá para disfrutar dunha pista de xeo xigante.
Aproveitando que o Anexo Sta. Cruz non ten instalado o prometido campo sintético que as institucións venen prometendo dende fai máis de 10 anos, a directiva do clube decidiu  instalar unha nova estructura que fará as delicias de nenos e adultos. 
Os horarios de uso da instalación serán sempre de tarde, a partir das 15,00 horas; posto que pola noite e pola mañá realizaranse labores de rexeneración e mantemento do xeo.
Esperemos que a disfrutedes e que os Reis Magos nos traian o tan demandado campo de fútbol sintético!!!
Somos Lourenzá, Somos Deporte!!!
A disfrutar!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe