28 de xul. de 2018

Diego Rego asume por segundo ano consecutivo o equipo de autonómica. O equipo presentouse no día de onte e xa comenzaron coas primeiras carreiras polo céspede de Sta. Cruz. Augacons Lourenzá continuará un ano máis de patrocinador

Baixo a presencia da nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e do noso presidente do clube D. Pablo Maseda presentouse o Augacons Lourenzá de cara á nova tempada 2018/2019.
Ainda que a plantilla non está prácticamente pechada, podemos adiantar as seguintes renovacións:
Na portería:
Seguirán os porteiros Bugui e Julio.
Defensa:
Estarán un ano máis Omar, Roi, Diego López e Bruno Fdez que xa está recuperado da súa lesión. Altas de David Vizoso e Cristian Rega que remataron a súa etapa de xuvenís.
Medios: 
Continúan Jorge, Garrafín, Montxo, Pichi, Carri e Noé.
Dianteiros:
Renovados Recalde e Thiago.
Ademáis, farán a pretemporada co 1º equipo os seguintes xuvenís:
O porteiro Pablo, os defensas Xoel Otero, Miguel Hermida e Pablo Fernández; os medios Manu Santamarina, Javi Álvarez e Diego Rivas así como o dianteiro Luís Santamarina.
A pesar de que continúa o gran bloque da tempada pasada, non se descartan dúas ou tres incorporacións máis para acabar de apuntalar a plantilla. Farán a pretemporada con nós tamén Adrián Reimonde e Iván "Castrín" esperando que se podan unir ó grupo.
José Rguez. estará unha tempada máis asumindo as funcións de delegado e Oscar Glez. como secretario técnico do equipo.
Desexar a maior das sortes posibles ós rapaces que non poderán estar con nós un ano máis: o porteiro Manuel Pardo, o defensa Suso Foro e o dianteiro Manu Rguez.
Atleti!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe