Nos últimos días estamos a tramitar a alta oficial na Federación Galega de Triatlon. A partir de xaneiro comenzaremos cos adestramentos encamiñados sobre todo á base pero tamén ós adultos que queiran formar parte dela. Juan Luís Méndez estará ó fronte da sección e colaborarán tamén con él os adestradores da sección de atletismo da que él tamén forma parte.
A idea nace coa intención de participar en probas escolares e federadas, así como tamén coa de organizar algunha proba en Lourenzá da especialidade de duatlon.
Se queredes coñercer máis sobre a sección, solicitade información en: escolaslourenza@gmail.com
Seguimos medrando, Noraboa. Lourenzá, somos deporte!!!.