24 de ago. de 2016

Atletas de Barreiros e Lourenzá dan a coñecer a Ruta das Fachas, de gran valor patrimonial!!!

Onte martes ás 20 horas un grupo de atletas pertencentes ó Clube Praias de Barreiros, Escolas Lourenzá,  Clube Atletismo Lourenzá e algún veciño que quixo saborear este enclave que discurre entre os Concellos de Barreiros e Lourenzá e chega ó de Trabada realizaron a Ruta das Fachas, con un espectacular percorrido de 8 kilómetros en sentido circular. A saída tivo lugar dende o Centro Social de San Xusto, atravesando o Val do Caínzo para chegar polo kilómetro 3 pola Zona das Fachas (onde está catalogado por Patrimonio tres zonas con restos arqueolóxicos megalíticos) e a partir de ahí ascenso ata Pena Corveira onde se encontra un excelente mirador e a Fonte Fermosiña tras un ascenso a 393 metros. Descenso de regreso pola Fraga da Regueira, Montes de San Paio en dirección á igrexa de San Xusto e chegada de novo ó punto de partida.
O éxito foi tal que os atletas xa quedaron citados para facer o vindeiro ano a II Kedada de adestramento da Ruta das Fachas 2017.
VER FOTOS DAS FACHAS!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe