6 de xul. de 2016

Edu Mariño, Presentado Oficialmente como adestrador do Augacons Lourenzá!!!

No día de hoxe comenzou o proxecto de Edu Mariño ó frente do 1º equipo de fútbol das Escolas. Nesta ocasión estivo acompañado de Pablo Maseda, o noso presidente así como de Oscar Glez., o noso secretario técnico que despois de realizar a foto oficial tiveron unha pequena xuntanza para empezar a planificar a nova temporada en segunda autonómica, coñecendo os xogadores que renovan o seu compromiso para o vindeiro curso así como as posibles incorporacións que podan apuntalar o equipo.
Ademáis coñeceu as instalacións de Sta. Cruz onde valorou positivamente o de ter un campo de adestramento así como o o bo estado do céspede do Municipal de Sta. Cruz.
Moita sorte Edu nesta nova andaina!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe