25 de maio de 2016

O EQUIPO DAS ESCOLAS LOURENZÁ, NA FINAL PROVINCIAL DE PATINAXE. MOITA SORTE E A DISFRUTAR!!!

O vindeiro domingo día 29 de maio as pupilas de Tania Irimia representarannos nin máis nin menos que no Campionato Provincial de Patinaxe. A cita será no Municipal de Xove. Xunto coa nosas rapazas, estarán os equipos de Campellas, Monterroso, Xove e Chantada.
O noso equipo será o 1º en actuar, ás 12:30 horas (hora para ensaiar en pista 11:10) e as 8 patinadoras laurentinas poñerán en escea a obra que leva por título "FALA AGORA OU CALA PARA SEMPRE, A vida en branco e negro é menos vida, ponlle un toque de cor".
Sobre as 13:30 rematará o evento coa entrega de metais, trofeos e agasallos.
Moita sorte e a Disfrutar!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe