1 de dec. de 2015

Ainara e Aleix conquistan Narón ganando os 60, 500 e 3000. Atletismo. Trofeo Cidade de Narón.

O pasado sábado tres representantes das Escolas Lourenzá acudían ás pistas de Atletismo de Narón para a disputa do seu trofeo. Unha excepcional Ainara Rguez. impoñíase na carreira absoluta de 3000 m. lisos con atletas cadetes e xuvenís con unha marca de 11,27,02 e facía tamén o doblete coa victoria nos 60 lisos infantil con un tempo de 8,72. Aleix Díaz lograba tamén o doblete en 500 e 60. Marca estratosférica en 500 polas alturas da temporada nas que estamos con un 1,22,41 e victoria tamén nos 60 con 8,74.
Participaba tamén Brais Díaz con un 10º posto en 500 alevín con unha marca de 1,42,43.
Tamén nos representaba Ana Vallines o domingo en Asturias na 37ª Cros Popular Villa de Gijón, logrando o subcampionato na categoría infantil nesta prestixiosa proba.
Ainara e Aleix na zona de quencemento
Aleix campión dos 60 lisos 

Ainara no pódium de 3000
Ana Vallines no prestixioso Cros Villa de Gijón

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe