1 de xuño de 2015

Roberto Ramallal seguirá un ano máis ó fronte do Augacons Lourenzá que volve a Primeira Autonómica.

Roberto Ramallal Comendeiro seguirá un ano maís á fronte do primeiro equipo das Escolas Deportivas despois de lograr esta temporada o ascenso a 1ª autonómica na súa primeira temporada no banquillo laurentino.
Roberto centrará a súa atención a partir deste momento xunto coa directiva das Escolas en renovar á maioría do plantel que esta temporada acadou o ascenso despois dun ano en segundo autonómica; así como buscar algún reforzo que poda apuntalar a plantilla para disputar unha liga tan esixente como é a de 1ª autonómica.

Roberto Ramallal celebrando coa plantilla o retorno a Primeira!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe