17 de feb. de 2015

AINARA RODRÍGUEZ ARES, CAMPIONA GALEGA NO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE PISTA CUBERTA EN 500 M.L. INFANTIL. RIAZOR. 14/02/2015

Exhibición total de Ainara Rguez. como dominadora do medio fondo galego coroándose co título autonómico de 500 metros lisos infantil cun rexistro de 1,28,33 e mellorando a súa marca en 3 segundos; todo esto sendo atleta de primeiro ano. Ademáis, Ainara participaba na proba de 50 lisos, sendo a 7ª máis rápida galega con un rexistro de 7,65 (tiña mellor marca persoal en 7,83). Este vindeiro sábado terá unha nova cita, co Cto. Galego de Campo a Través en Ourense.
Ainara Rguez., TÍTULO AUTONÓMICO DE 500 metros lisos infantil

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe