21 de xan. de 2015

Atletismo. A sección de adultos, en forma na III Trail Afuega´l pitu. Asturias.

O pasado domingo a expedición do clube de Atletismo Lourenzá formada por Martín, Rubén, Marcos, Marisa e Loli  desprazouse ata Foz de Morcín en Asturias, para participar no III Trail Afuega´l pitu (Subida al Monsacro). Esta dura proba contaba con unha distancia de 10km e 1.500m de desnivel. Os nosos atletas conseguiron unhos meritorios resultados, comezando por Martín que acadou o 14º posto da xeral con un tempo de 1hora e 21minutos, Rubén entrou no posto 133º con un tempo de 2horas 5minutos, Marcos e Marisa remataron a proba nos postos 154º e 155º con un tempo de 2h30min. e Loli necesitou 2h39min. para acadar o posto 159º dun total de 200 participantes. Noraboa!!! Reto conseguido!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe