27 de set. de 2014

A Deputación lanza ó equipo de Nacional!!!

No día de onte o Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo D. Antonio Veiga Outeiro e o noso Presidente das Escolas Deportivas D. Pablo Maseda Fdez. firmaron o convenio de colaboración por militar o noso equipo de Basket Feminino na Terceira Divisón do Baloncesto Nacional. O convenio supón unha subvención de 10.000 euros para os gastos de temporada do equipo dirixido por Juan Nécega; o que supón todo un respaldarazo ó traballo do clube durante estes últimos anos e un recoñecemento ó traballo despregado por estas xogadoras que nos representan levando o nome de Lourenzá polo territorio nacional.
Agora o equipo céntrase en completar un plantel onde baixo a batuta un ano máis de Juan Nécega continúan a maior parte das componentes da temporada pasada con 7 renovacións (as vinculadas a liga-2 Sara Cuíña, Rocío Varela e Tamara Montero), Andrea Meilán, Marly Varela, Marta García e a pívot monfortina Elena Sánchez.
Agradecer dende a directiva esta importante axuda que anima a continuar traballando e apostando polo baloncesto feminino, onde as Escolas tenen agora mesmo dous equipos en categoría sénior: o equipo de Nacional e o equipo de 2ª autonómica dirixido por Mariano De La Torre.
Pablo Maseda xuto ó Vicep. da Deputación de Lugo D. Antonio Veiga onte en Lugo

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe