31 de maio de 2014

Preto de 600 Comensais no Fin de Festa das Escolas!!!

Hoxe toca celebración por todo o alto. Comenza o día de clausura ás 12:00 con partido de basket cadete na fase de ascenso á Liga Galega no Viñas da Veiga contra o Cluny de Santiago; pola tarde partidos en Sta. Cruz e no pavillón de Lourenzá de monitores, pais e alumn@s, Exhibición de Patinaxe Artístico ás 20:00 horas no Municipal de Lourenzá e a partir das 22:00 horas o Fin de Festa na Feira Nova de Lourenzá. Grandes!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe