15 de ago. de 2013

A Popular Val das Fabas 2013 pisará forte na súa cuarta Edición!!!

Dende mañá venres estará aberto o prazo de inscripción da IV Val das Fabas 2013, que este ano pega un salto de calidade en canto a premios e organización, posto que terá crono dixital durante todo o circuito. Seguirá desenrolándose no prestixioso circuito urbán e enmarcada dentro do Programa da Festa da Faba (declarada de Interés Turístico) e será o vindeiro sábado 5 de outubro.
Ademáis: 
- Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías.
- Medallas para todos os participantes de categorías menores.
Obsequiarase con un regalo técnico a todos os participantes conmemorativo do evento
- Premio de 100 euros en material deportivo e saco de fabas ó campión masculino e de 100 euros á campiona feminina.
- Servicio de avituallamento líquido e sólido á  metade e ó final do percorrido.
- Cronometraxe control de meta por Championchipnorte
- Cronómetro Xigante en meta
- Vídeo chegada en línea de meta
- Servicio de megafonía
- Seguro individual de accidentes
- Dorsal personalizado con impresión de código QR para visualización inmediata de resultados personais ó chegar á meta.
- Ambulancia e médico en evento.
- Vallas e senalización do circuito cada 500 metros.

VER TODO O REGULAMENTO DESTA EDICIÓN 2013

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe