2 de xul. de 2013

Fútbol: Renda comandará o 6º proxecto consecutivo do Atleti en Primeira !!!.

Juan Álvarez Renda é o elexido. No día de onte foi presentado nas oficinas do clube e a partir deste momento traballa coa secretaría técnica preparando unha pretemporada que comenzará a finais de xullo. Renda é todo un histórico dos banquillos lucenses. Nas últimas temporadas militou no Lugo Xuvenil de División de Honra, Comercial xuvenil, Selección sub-17 provincial e anteriormente estivo no histórico Mindoniense(3ª división), Burela, Alfoz e Chantada (Preferente) así como Milagrosa, S. Lázaro e Taboada (Primeira). Ademáis, estivo como profesor na Escola de Adestradores de Lugo durante 10 anos.
Renda no día de onte agradeceu que o clube apostara por él e mostrouse sorprendido de que o 80% do equipo esté formado por xogadores laurentinos, polo que seguirá traballando para dar tamén máis oportunidades a rapaces que estén incluso en edade xuvenil.
Moita sorte nesta nova andaina!!! Aúpa Atleti!!!
Renda no día de onte co presidente Pablo Maseda e o Secretario Técnico Oscar González

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe