6 de maio de 2013

Récord de metais no Campionato Provincial(18) das E.d. Lourenzá Mondoñedo dedicadas á Benxamín do grupo Hiba Bouyzar!!!

Día Grande do Atletismo das Escolas no día de onte en Lugo. No campionato provincial celebrado onte en Lugo, os nosos atletas alcanzaron a friolera de 18 medallas, das cales 6 son de ouro, 8 de prata e 4 de bronce así como numerosos cuartos postos. Dos resultados oficiais e das fotos da xornada terémolas en breve. Soamente lamentar a lesión da pequena da expedición Hiba Bouyzar(prata en 500) que se lesionou na chegada de 50 con unha fractura nin máis nin menos que de clavícula.
Moito ánimo Hiba na túa recuperación!!!
Hiba co dorsal 344 na saída de 500 metros lisos!!!
Hiba coa medalla de prata no pódium!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe