21 de ago. de 2012

Lourenzá. XV Día da bici: este venres día 24 de agosto!!!

“XV EDICIÓN DO DÍA DA BICICLETA: Un paseo á Cazolga"
Lourenzá celebrará o Día da Bici o vindeiro día 24 de Agosto (Venres) ás 18:00 horas.
O Concello de Lourenzá organiza o XV día da Bici. Colaboramos na mesma as Escolas Deportivas Lourenzá, xunto a  Motos Santalla, La Voz De Galicia, Pastelería Cabaleiros e Protección Civil. 

A saída será da praza do Conde Santo ás 18,00 horas. Recorreremos varias estradas dentro do Concello de Lourenzá e o avituallamento será na área recreativa da Cazolga. Despois de repoñer forzas, reanudaremos a marcha para chegar de novo a Lourenzá sobre as 19 horas. Todos os participantes deberán inscribirse a partir das 17,00.
Ó finalizar o percorrido, realizaremos o tradicional sorteo dunha bicicleta de montaña entre todos os participantes da proba!!!.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe