26 de xul. de 2012

Comenza a sudar o equipo de fútbol de 1º Autonómica!!!

Hoxe xoves, a partir das 20,30 horas comenza a pretemporada o equipo de 1ª autonómica de fútbol das E.D. Lourenzá.
Logo da tradicional foto de grupo, comenzarán as primeiras carreiras dos pupilos de J. Manuel co fin de poñerse a punto para o comenzo de Liga de 1ª Autonómica o 2 de setembro. Logo do adestramento, os xogadores e corpo técnico degustarán unha churrascada preparada polos directivos das escolas!!!
Ademáis das incorporacións xa anunciadas de Javi Chinchón, Dani e Roi; súmase tamén o lateral esquerdo Martín (procedente do xuvenil) e volven ó equipo Brenan que alternará as funcións de adestrador do equipo infantil e xogador do primeiro equipo así como  Fran, que regresa ó equipo que o veu medrar despois de dous anos inactivo.
Adiantamos os partidos xa confirmados de pretemporada:
DOMINGO, 5 AGOSTO: LOURENZÁ - TAPIA. STA. CRUZ
MÉRCORES, 8 AGOSTO: LOURENZÁ - CARIDAD. STA. CRUZ
DOMINGO, 12 AGOSTO: LOURENZÁ - VIVEIRO. STA. CRUZ
MÉRCORES, 15 AGOSTO: IBERIA - LOURENZÁ. AS VALGAS
DOMINGO, 26 AGOSTO: LOURENZÁ - IBERIA. STA. CRUZ.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe