11 de xan. de 2012

Lourenzá de novo sede comarcal do campionato comarcal de Campo a Través.

O vindeiro sábado día 14 de Xaneiro ábrese en Lourenzá a temporada escolar de cross na Mariña. Será a proba preparatoria na que se esperan a cerca de 200 rapac@s competindo nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
O vindeiro sábado 28 de Xaneiro, e tamén en Lourenzá; será a proba clasificatoria para o Provincial.
A competición empezará a partir das 11,00  e espérase que remate sobre as 13,00 horas.
Organizan a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a A.D. A Mariña; e colaboran na mesma o Concello de Lourenzá, as E.D. Lourenzá e Protección Civil.
Moita sorte a tod@s os participantes!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe