5 de dec. de 2011

Esperpento de partido en Ribadeo.

    Informamos que o encontro do pasado sábado xogado a domicilio diante do C.B. Ribadeo (categoría benxamín mixto) vai a ser recorrido polo seguintes motivos:
    A pesar de que o noso equipo está composto maioritariamente por nenas de 1ºano e o C.B. Ribadeo todo por nenos de último ano, ocurríu o seguinte:

 - O adestrador do equipo rival mostrou unha actitude nada educativa cando gana de máis de 50 puntos e non nos deixa nin sacar de fondo.
 - O adestrador e público rival aplauden as faltas que se producen diante das nosas xogadoras.
 - O adestrador e público rival celebran fóra de lugar as canastas cando nos ganan por máis de 50 puntos.
 - Cada xogada do noso equipo é abucheada polo rival cando a diferencia é máis que notable no marcador.

 Soportadas todas estas inxurias e ofensas por parte do rival, e visto que a deportividade e o componente educativo deixa moito que desexar cando se está a xogar con nen@s de 7/8 anos, ACORDAMOS:

    - Denunciar diante do comité de competición que o equipo C.B. Ribadeo xogou con tan só 7 xogadores. 
(En acta fan falta un mínimo de 8 para poder disputar un encontro) e que xogador@s que estaban no banquillo non xogaran o encontro ( tod@s deben de participar no mesmo)


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe