31 de ago. de 2011

Basket Autonómica: Agradecementos a Juan Nécega Rodríguez.

Juan Nécega non seguirá como adestrador do equipo de 1ª autonómica das E.D. Lourenzá. Despois de 5 temporadas consecutivas ó fronte do equipo de 1ª División Feminina, a directiva das Escolas quere agradecer públicamente o traballo deste gran adestrador,  responsable ademáis da sección de basket das Escolas. A non continuidade á fronte do equipo chega por mutuo acordo entre ambas partes.
Ademáis, sabemos que Juan Nécega seguirá colaborando con nós como por exemplo, na organización da vindeira edición do Torneo Internacional Louirenzá en Xogo.
Dende aquí só nos quedan verbas de agradecemento.
Gracias, Juan!!!.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe