24 de feb. de 2011

Golpe de efecto: Lourenzá ficha a unha GRANDE: Yanira Francis Ferrer. Basket 1ª autonómica

O equipo de basket de 1ª autonómica feminina das E.D. Lourenzá acaba de fichar, por medio do Ensino de Lugo, á xogadora profesional de Liga Feminina Yadira Francis Lorenzo.
Yadira é unha xogadora internacional cubana, que xogou a temporada pasada en España no C.B. Conquero de liga Feminina-2 e esta temporada estivo xogando en Irán co equipo que acadou o subcampionato de liga.
Yadira mide 1,94 e xoga na posición de Pívot.
A xogadora acaba de chegar agora a mediodía a Santiago de Compostela procedente de Malta, cidade onde estaba residindo. 
Se todo vai ben (tema de tránsfer e reconocimiento médico); Yadira podrá debutar este vindeiro sábado ás 16:30 horas no encontro que nos enfrentará ó María Pita Coruña.


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe