13 de xan. de 2011

ÚLTIMA HORA: APRAZADO O ENCONTRO DE BASKET DE AUTONÓMICA FEMININA Cª M. VIGO - LOURENZÁ

Gracias á nula e inexistente colaboración do equipo "C.B. Burela Celtas" de Categoría Junior Feminina vémonos na obriga de aprazar o encontro de 1ª  "Cª María Vigo - Lourenzá" que en principio estaba programado para este vindeiro domingo ás 17,00 horas.
A historia é a seguinte:
1º)- Como ben sabedes todos, o equipo sénior de 1ª autonómica feminina componse na súa gran maioría por xogadoras de edade Junior que completan ás 5 xogadoras séniors do equipo.
2º)- O equipo junior nestes momentos lidera a clasificación en liga provincial con serias aspiracións de ser campión e clasificarse á Copa Galicia.
3º)- O equipo junior xogaba este vindeiro fin de semana co C.B. Burela Celtas en Foz.
4º)- O equipo C.B. Burela Celtas mantivo anunciado dende finais de decembro como data do partido o Sábado 15 con hora sen determinar.
5º)- Finalizando o día do martes, recibimos comunicación da Federación Galega de Baloncesto de Lugo no que nos anunciaban que o encontro Junior Feminino pasaba ó domingo ás 17:00 horas.
6º)- Durante o Mércores, o noso coordinador de sección Juan Nécega intenta por todos os medios, falando cos responsables do Cb Burela Celtas cambiar o día de partido, obtendo resposta negativa a todas as nosas suxerencias (Valíanos xogar o xoves, o venres, o luns, o martes.... calquera día menos o domingo)
7º)- Ante esta situación , vímonos na obriga de comunicar o noso problema ó Compañía María de Vigo (só podíamos viaxar con 5 xogadoras); o cal comprenderon perfectamente e procederon a aprazar o encontro pasando a ser o próximo 25 de marzo ás 20:00 horas en Vigo.
8º)- Queremos agradecer públicamente a reacción do equipo de 1ª Autonómica Feminina Compañía María de Vigo por todo o apoio e comprensión mostrada, facilitando en todo momento o cambio do encontro.
Oxalá todos fóramos así!!!.
                                                                              A directiva das E.D. Lourenzá
                                                                          Lourenzá, a 13 de Xaneiro de 2011

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe