2 de out. de 2015

A Festa da Faba e o arranxo do pavillón cambian horarios na xornada. Definitiva

SÁBADO, 3 OUTUBRO:
11,00 - RAMSEI - RIBADEO.
FÚTBOL CADETE. STA. CRUZ.
16,30 - VI VAL DAS FABAS
CARREIRA POPULAR (CANTÓN)

DOMINGO, 4 OUTUBRO:
12,00 - MORANGRUPO - CASTILLA
NACIONAL. ANEXO II LUGO
18,00 - AUGACONS - SANTABALLÉS
FÚTBOL 1ª AUTONÓMICA. STA. CRUZ.

O AUGAONS LORENZÁ, ÁS 18:00 HORAS EN STA. CRUZ!!!

30 de set. de 2015

Todos os campións dos anos anteriores estarán na VI Val das Fabas 2015!!! Qué carreirón!!!

2010 DAVID HERNÁNDEZ OTERO - PILOÑA DEPORTE 
2011 J. MANUEL CORRAL LÓPEZ  - VERXEL LUGO
2012 DELIO VAL VILLARINO         - P. BARREIROS
2013 J. MANUEL GLEZ. CASTRILLÓN - C.A. OCCIDENTE NAVIA 
2014: JUAN ANTONIO GUDE VILA - CLUB MONTEPENARUBIA 
RÉCORD DA PROBA 2014: 20:57.
Saída Val Das Fabas 2015

A Val das Fabas 2015 será un éxito total de participación con máis de 300 atletas inscritos!!! Noraboa a Tod@s!!!


29 de set. de 2015

J. Manuel Corral (vencedor 2011) e Juan Antonio Gude Vila(vencedor 2014) dan o seu OK para participar nesta edición!!! Qué cartel!!! Ademáis, próximos ós 300 participantes!!! Récord de todas as edicións!!!

Se pola mañá anunciamos que o campión do 2012 Delio Val así como o campión do 2013 J. Manuel Glez. Castrillón xa están aptos para formar parte da VI Val das Fabas, ó igual que a campiona feminina do ano pasado Ana Glez. Margaride; a éstas horas podemos decir que tamén estarán os campións das edicións do 2011 (José Manuel Corral) e do 2014(Juan Antonio Gude Vila). Que o tempo acompañe!!! Espectáculo asegurado!!!


Ana Glez e Gude Vila, Campións na edición do 2014!!!

O Circuito Val das Fabas 2015 mellora coa Colaboración de Protección Civil e terá 6,500 mts. VERDINA(6,500) E GALAICA(13)

A Carreira Val das Fabas 2015 sufre unha modificación de última hora para aproveitar mellor o percorrido natural polo Río Baos gracias á colaboración de Protección Civil; polo que se acorta en 500 mts. aproximadamente; quedando a Verdina en 6,500 e a Galaica en 13,0. A Disfrutar del!!!

Os campións do 2012 e 2013 estarán na VI Val das Fabas 2015. Ana Glez. Margaride, campiona feminina do 2014; presente neste 2015!!!

O campión do 2012 Delio Val así como o campión do 2013 J. Manuel Glez. Castrillón xa están aptos para formar parte da VI Val das Fabas, ó igual que a campiona feminina do ano pasado Ana Glez. Margaride. Ambos tomarán parte da Verdina, sobre un circuito novo que discurre pola zona urbán de Vilanova e o cauce do Río Baos coa lenda de Recemil no final da proba!!!
Lembrade, hoxe ÚLTIMO DÍA DE INSCRIPCIÓNS!!!
INSCRIPCIÓN VAL DAS FABAS 2015
Castrillón con Noemí Moral, campións do 2013

As Balas do MADERAS BARCIA TRIUNFAN EN LA CARIDAD. O ATLETISMO LOURENZÁ, CLUBE REVELACIÓN!!!

O pasado domingo na localidad asturiana de La Caridad os nosos atletas disfrutaron dunha nova proba popular con numerosos éxitos destacables.
En canto ós nen@s do Maderas Barcia Lourenzá:
Benxamín Feminino:
1 - Iria Rguez.
3 - Emma García.
Alevín Feminino:
2.- Diana Lastra
3.- Carmen García
Infantil Masculino:
2 - Hugo Villalba.
Infantil Feminino:
1.- Ainara Rguez.
Participaron ademáis Xabi Sordo, Hiba Bouyzar, Claudia Graña e Alba Alonso.
En canto ó Atletismo Lourenzá:
Clasificación Xeral: Percorrido de 7 kilómetros.
3 - Marcos Rguez.
6 - Alex Villalba.
Sénior Masculino:
3 - Alex Villalba.
Veterano A Masculino:
1 - Marcos Rguez.
Veterana A Feminino:
1.- Marisa Ares.
2.- karina Álvarez.
Participaron ademáis Pachicho, Rubén e Lastra
VER TODAS AS FOTOS DE LA CARIDAD

ÚLTIMO DÍA DE INSCRIPCIÓNS PARA A VI VAL DAS FABAS. A POLA LENDA DE RECEMIL!!! SUPERADOS CON CRECES OS 200 INSCRITOS.

Hoxe entramos no último día que facilitamos dende a organización para inscribirse á VI Val das Fabas. Agora mesmo sobrepasamos con moito os 200 inscritos e os deportistas seguen anotándose continuamente. Na organización da proba xa somos preto de 40 colaboradores!!!. A carreira, bonita e esixente no último tramo, non defraudará. A Lenda de Recemil ESPÉRAVOS!!! GO!!!
INSCRIPCIÓN VI VAL DAS FABAS 2015

O Morangrupo Lourenzá, CAMPIÓN do TORNEO NACIONAL DE PIÉLAGOS (CANTABRIA). PALOMA DORDA, MVP.

O fin de semana de aclimatación  do adestrador Pablo Castro ó equipo sentoulle moi ben. O equipo de nacional venceu no Torneo Cuadrangular disputado en terras cántabras, máis concretamente en Piélagos. Ganábamos no primeiro encontro ó Unamuno(71/55), ó Tirso(72/59) e por último nun encontro máis igualado ó Ausarta (55/48). A capitana Marta García levantaba un novo trofeo para as nosas vitrinas e Paloma Dorda era recoñecida como a xogadora máis valiosa do torneo. Noraboa!!!
VER MÁIS FOTOS DO TORNEO

28 de set. de 2015

Os Cadetes plantan cara á Residencia ata a segunda metade. Residencia 4, Ramsei 1(Manu Santamaría)


Pablo Maseda e Xavier Valoría firmaron o pasado venres un convenio de colaboración entre as Escolas e o Toxiza Clube Montaña

Un novo clube que naceu fai moi pouco en Lourenzá especializado na alta montaña colaborará coas Escolas Deportivas. O pasado venres día 25 de setembro os presidentes de ambos clubs firmaron un acordo de colaboración. O máis significativo do mesmo é que o Clube Toxiza levará o nome das Ed Lourenzá na equipación nas probas en que participe; ademáis de colaboración mutua en eventos, cesión de espacios para xuntanzas, .....
Esta colaboración súmase ós convenios que as Escolas manteñen en múltiples frentes e que fan que sexa un exemplo a seguir e a imitar: co Concello de Lourenzá para o traballo das Escolas Deportivas, co Ensino Lugo de basket, co Mondoñedo CF para a práctica do fútbol, co Atletismo Lourenzá para o Running, co Ed Lourenzá Ciclismo para o Ciclismo..... Noraboa!!! Que viva o Deporte en Lourenzá!!!
E.D. LOURENZÁ, 100% DEPORTE.

27 de set. de 2015

A Presentación da VI Val das Fabas 2015 según El Progreso: "Dos carreras en una"


Presentada a Val das Fabas 2015. Martes día 29; ÚLTIMO DÍA DE INSCRIPCIÓN!!!

O pasado venres presentamos a Popular Val das Fabas 2015, onde nos acompañaron:
D. Manuel Arango Ron (Primer teniente de Alcalde do Concello de Lourenzá) , D. Manuel Otero Méndez (Xefe do Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia), D. Francisco Dasilva (Concelleiro de Deportes), D. Pablo Maseda (Presidente das E.d. Lourenzá) así como @s atletas das Escolas Deportivas  como algúns dos responsables das empresas colaboradoras: Neli, Maderas Barcia, Josbi, Pastelería Cabaleiros, Frutas Hnos. Rivas,  Aliprox......!!!
O vindeiro Martes lembrade, remata o prazo de Inscripción!!! Go!!!

Final do Atleti en O Pichón con un empate a domicilio. Muimenta 0, Augacons Lourenzá 0.


25 de set. de 2015

O Morangrupo Lourenzá concéntrase en Cantabria ás ordes de Pablo Castro nun torneo de pretemporada

O Morangrupo Lourenzá concéntrase este fin de semana disputando un torneo en terras cántabras. Pablo Castro poderá así coñecer máis de preto a plantilla que ilusionará unha temporada máis. En principio podemos adiantar que 4 xogadoras serán as vinculadas que participen en Liga Feminina co Ensino e en Nacional con nós: Andrea Viador, Andrea Fdez, Paloma Dorda e Xiana Fdez.
Andrea Viador Castro. Alero. 19 anos. Formada nas categorías inferiores do Ensino. Estivo con nós na última temporada do equipo en autonómica como xogadora junior, e o ano pasado disputou moitísimos minutos como sénior de primeiro ano en Liga Feminina-2
Xiana Fernandez Sanchez, base de 1,76 cm. Ten 18 anos e procede do Maristas de Coruña (1ª División Nacional). Na temporada 13-14 estuvo no Strasburg High School de Colorado (USA) e foi seleccionada para o Colorado All-State. Paloma Dorda, alero de 1,85 cm. Ten 18 anos e o seu último equipo foi Maristas de Coruña (1ª División Nacional). Nas temporadas 2012/2013 e 2013/2014 formou parte de S.XXI  en Barcelona(FEB), no que o equipo participo na LF2.
 Andrea Fernández, alero de 1,83 cm., ten tamén 18 anos e procede do CB Némesis de Cantabria. Desde a categoria cadete  formou parte de diversas seleccións da súa Comunidade Autonoma.
Continúan na plantilla con respecto ó ano pasado a escolta Marta García e a pívot Andrea Meilán, que intentarán dar a dosis de experiencia e saber facer ó equipo.
Ademáis incorpórase ó primeiro equipo procedente das juniors a pívot Uxía Carreira
De momento 7 xogadoras sénior ás que hai que sumar as xogadoras que poden subir ó primeiro equipo do Ensino Junior e das Escolas Lourenzá; xogadoras que irán entrando na convocatoria e que  lles servirá de trampolín para medirse nunha liga de ámbito nacional. A plantilla, de todos xeitos, non está pechada.
Andrea Fdez, procede do Némesis cántabro

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe