14 de out. de 2016

Fin de semana en Marcha!!! Go!!!

Sábado 15 Outubro: 
17,00/T. Cardi c Ferroviaria.
Fútbol Infantil.Anexo Sta. Cruz.
17,00/Atletismo  Monte Comado.
Domingo 16 Outubro:
11,00/Atletismo a Xermade (Popular)
11,30/Ramsei c Milagrosa.
Fútbol Cadete. Sta. Cruz
11,00/Benxamín F8 c Ribadeo.
Viñas da Veiga. Mondoñedo
12,00/M. Huertas c S. Ciprián.
F8 Alevín Viñas da Veiga.
16,30/Catro Roldas - Augacons L
Fútbol Autonómica.

8 de out. de 2016

1 de out. de 2016

Cartoy Proapoyo, Morrigan, O Torreón, Cantón Bar e Josgua premian os trofeos das Categorías Menores Na Val das Fabas 2016!!! Un día e Saímos!!! Go!!!

SAÍDA CATEGORÍA PITUFOS: CARTOY PROAPOYO.
SAÍDA CATEGORÍA PREBENXAMÍN: MORRIGAN.
SAÍDA CATEGORÍA BENXAMÍN: O TORREÓN.
SAÍDA CATEGORÍA ALEVÍN: CANTÓN BAR.
SAÍDA CATEGORÍA INFANTIL: LIBRERÍA JOSGUA.

*** TODOS OS ATLETAS DE CATEGORIAS MENORES SERÁN CHAMADOS Á SAÍDA EN ZONA DE META E LEVADOS ÁS RESPECTIVAS SAÍDAS!!!


30 de set. de 2016

Fin de Semana da Faba!!! Programación!!!

Sábado, 1 Outubo.
11,30/Talleres Cardi - Foz
Fútbol Infantil
Anexo Sta. Cruz.
17,00/O Rei das Tartas -  Foz
Fútbol Xuvenil
Anexo Sta. Cruz.
Domingo, 2 Outubro.
10,30/VII Carreira Popular Val das Fabas
11,30/Ramsei - Xove Lago
Fútbol Cadete
Municipal Sta. Cruz.
18,00/ Augacons - Candelaria
Fútbol Autonómica.
Municipal Sta. Cruz.

26 de set. de 2016

10 anos despois de ser CAMPIONA DE ESPAÑA CADETE E SUBCAMPIONA DE ESPAÑA XUVENIL COAS ESCOLAS LOURENZÁ, Laura Campos Riopedre, MADRIÑA DE HONRA DA VAL DAS FABAS 2016

Aínda que pasa o tempo a xesta lograda no seu día pola atleta das Escolas Laura Campos Riopedre non se nos olvida. Fai 10 anos proclamábase en San Sebastián Subcampiona xuvenil de pista cuberta nos 400 metros valados e no 2015 en Torrent (Valencia) alcanzaba o campionato de España en categoría cadete nos 300 metros valados batindo un récord galego que segue presente ata o de agora. Por eso o vindeiro domingo día 2 de outubro, en plena festa da Faba será a MADRIÑA que fará xunto coa nosa Alcaldesa Rocío López o protocolario corte de cinta.
Laura Campos, como campiona de España en Torret(Valencia)

Henar e Ian Méndez triunfan na prestixiosa Milla de Marín!!!

O pasado sábado Henar e Ian participaban na prestixiosa Milla de Marín en Pontevedra, que coincidía co Cto. de España para categorías absolutas.
Henar en benxamín feminino alcanzaba o Subcampionato con un tempo de 3,58 sobre a distancia de 1000 metros.
Ian en alevín masculino lograba facerse co bronce con un tempo de 3,58 tamén nos 1000 metros.
Noraboa!!!
Ian Méndez en plena proba en Marín (Pontevedra)

Un trío de Ases espectacular asombran na Solidaria Alas de Vida de Burela!!! Ainara, Ana e Carme completan o pódium feminino na proba de 7 kilómetros!!!

Con un tempo Ainara Rguez. de 27,36 ( a 3,56 o kilómetro), Ana Vallines 28,23(4,03) e Carme Alonso 30,13 (4,18); éstas superatletas do Maderas Barcia Lourenzá sorprenderon á multitude congregada en Burela na solidaria Alas de Vida de Burela disputada o pasado sábado en Burela na proba de 7 kilómetros.
Participaron na proba ademáis Pablo Irimia, 5º sub-18 con un tempo de 28,24 e regresou á competición Hugo Villalba (7º da súa categoría).



A Fonte da Rá e a sección de Patinaxe de Lourenzá!!! Marco incomparable!!! Presentado oficialmente o equipo da temporada 2016/2017!!!

Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e a adestradora da sección de Patinaxe Dª. Tania Irimia presentaronse as alumnas desta sección que medra de ano en ano.
O equipo adestrará os sábados. Todos os alumn@s  que querades incorporarvos ó plantel deste ano debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!


25 de set. de 2016

Final no Manuel Luna. Pol 2, Augacons Lourenzá 2. (Recalde e Roi).


Descanso no Manuel Luna. Pol 1, Augacons Lourenzá 1 (Recalde)


Preto de 250 inscritos a falta de 3 días para o Peche da Inscripción na VII Val das Fabas 2016!!! Acceder!!!


Os Benxamíns 2016 2017 xa sudan a camiseta!!! Os adestramentos mércores (17-18,30) no Viñas da Veiga e en Sta. Cruz os venres (17-18,30)

Case por pechada a plantilla do equipo benxamín de fútbol 8 e fútbol sala para esta nova temporada 2016 2017. O pasado venres disfrutaron xa do seu primeiro adestramento coa mira nas ligas de fútbol e fútbol sala onde competirán os xogadores baixo a unión das Escolas Lourenzá e o Mondoñedo Fc.
Moita sorte nesta nova temporada!!!


Os Pitufos ó Poder!!! PRESENTACIÓN PREBENXAMÍN 2016 2017

Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e o presidente do clube D. Pablo Maseda presentáronse os máis cativos das Escolas Lourenzá. Estiveron tamén presentes os adestradores Diego Rego e Michael Sante. O equipo adestrará os martes e xoves de 16,20 a 18,00 horas. Todos aqueles xogadores do 2090,2010,2011 e 2012 que querades incorporarvos ó plantel debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe