11 de nov. de 2015

As Escolas Lourenzá estaremos representadas no prestixioso CROS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA(BURGOS). IRIA E AINARA RGUEZ., AS PROTAGONISTAS!!!

O vindeiro domingo estaremos pendentes e seguiremos a evolución de Ainara Rguez (Infantil) así como de súa irmá Iria(Benxamín) que competirán por primeira vez na súa historia e por primeira vez na historia das Escolas no prestixioso cros internacional de Atapuerca, en Burgos. Na categoría infantil de Ainara a distancia será de 2000 metros mentres Iria percorrerá 1000. Xunto a elas estará o mellor do panorama nacional das súas categorías. Moita sorte e a disfrutar!!!
AINARA RGUEZ, FAI UNHOS DÍAS EN FERROL
IRIA RGUEZ., NA CARREIRA CONTRA O CANCRO EN FERROL

Bc. Cadete: Fotos da victoria do encontro Panadería Rubal - Ensino Lugo. Acceder


9 de nov. de 2015

Acceder Fotos Viesgo Nigth Race 2015


Henar Méndez (Benxamín) e Ainara Rguez(Alevín) ganan a prestixiosa VIESGO NIGHT RACE en Lugo. Sheila López sube ó podium cun bronce en Benxamín Feminino!!!

Excelentes resultados colleitados polos atletas do Maderas Barcia Lourenzá na prestixiosa Viesgo Nignt Race o pasado sábado en Lugo diante de máis de 1000 participantes de todas as categorías.
Unha nutrida representación colaboraba nesta III Edición a favor do banco de alimentos de Lugo.
En benxamín feminino impoñíase Henar Méndez coa medalla de ouro mentres a súa compañeira Sheila López lograba un meritorio terceiro posto.
E de 7 a 11 anos vencía por enésima vez no ano a intratable Ainara Rguez. conquistando un ano máis o título nesta carreira.
Participaron tamén na carreira de menores Ian Méndez, Xabi Sordo, Amina Bouyzar, Diana Lastra, Iria Rguez, Carmen García, Cecilia Gómez, Emma García, Noa Valiña, Samuel Debasa, Nicolás Álvarez, Hiba Bouyzar e Valeria Álvarez.
Na dos adultos tomaron parte cunhos grandes resultados entrando entre os 100 primeiros da xeral Pablo Irimia, Luís López, Ainhoa López, Carmen Diniz, Arabela Martínez e Andrea Cancio.

Equipo desprazado a Lugo
Ainara recibía as felicitacións como campiona feminina
Henar Méndez e Sheila López no máis alto do pódium benxamín

8 de nov. de 2015

Bc. Junior. O equipo cae no último suspiro nun bo encontro. Terras da Mariña Lourenzá 60, Ensino Lugo 64.


O equipo de Nacional planta cara ó líder ata o último cuarto. MORANGRUPO LOURENZÁ 51, MARISTAS CORUÑA 73


Bc. Cadete. DEBUT en Liga con victoria: Pan de Mondoñedo 57 Ensino Lugo 53


Final en A Pastoriza. Pastoricense 2, Augacons Lourenzá 1(Garrafín).

Descanso en A Pastoriza: Pastoricense 0, Augacons Lourenzá 0.


Atletismo Lourenzá, SUBCAMPIÓN DO TRAIL TIERRAS PÉSICAS EN CANGAS DE NARCEA

Agora mesmo acaba de proclamarse o noso equipo SUBCAMPIÓN do III TRAIL DE 25 KILÓMETROS de Cangas de Narcea (Asturias); despois de ganar unha altitude máxima de 1163 metros con un desnivel positivo de 1589 metros.
Os fenómenos  que o conseguiron: MARCOS RODRÍGUEZ, PACHICHO SORDO, RUBÉN MÉNDEZ, MARISA ARES, LOLI PIÑEIRO.
GRANDES!!!

Noraboa a Jorge. Jorge Lorenzo, TRICAMPIÓN DO MUNDO MOTO GP.


Ft. Cadete: "Non diga gol, diga Manu Santamarina". Ramsei 7, Ferroviaria 0. (Manu Santamarina 5, Manu Río 1, Julián 1)

Manu Santamarina celebrando un dos goles cos seus compañeiros

No Descanso: Fútbol Cadete. Ramsei 4, Ferroviaria Lugo 0.


E o Domingo por diante... CO BASKET COMO LOCAL e OS CADETES DE FÚTBOL EN XOGO!!! Programación!!!

DOMINGO, 8 DE NOVEMBRO:
09,00/ TRAIL CANGAS DE NARCEA
ATLETISMO. ASTURIAS
11,00/ RAMSEI - FERROVIARIA
FTBOL CADETE. STA. CRUZ
16,00/ PAN DE MONDOÑEDO - ENSINO
BC. CADETE. VIÑAS DA VEIGA
16,15/ PASTORICENSE - AUGACONS LOURENZÁ
FTBOL 1ª AUTONÓMICA. A PASTORIZA.
18,00/ MORANGRUPO - MARISTAS CORUÑA
BASKET NACIONAL. MUN. LOURENZÁ
19,45/ TERRAS DA MARIÑA - ENSINO
BASKET JUNIOR. MUN. LOURENZÁ

Un Muebles Huertas sensacional gana en A Coruña: Sta. Mª Mar 34, Muebles Huertas Lourenzá 54. (Laura 6, Ainhoa 9, María 12, Marta 12, Iria 2, Claudia 2, Carla 11)

Ft. Infantil. O Talleres Cardi cede o liderato na súa primeira derrota en liga. Foz 3, Talleres Cardi 2(Goles de Manu Río)


Fútbol 8. Os benxamíns e Alevíns caen a domicilio.

FÚTBOL 8 ALEVÍN. VIVEIRO 7, ED LOURENZÁ-MONDOÑEDO CF. 1
(GOL DE DIEGO EXPÓSITO)
FÚTBOL 8 BENXAMÍN. P. BURELA 6, ED LOURENZÁ-MONDOÑEDO CF 0.
Equipo Benxamín nun descanso no Viñas da Veiga

5 de nov. de 2015

EMOCIONANTE NOVO FIN DE SEMANA. PROGRAMACIÓN CON 11 CITAS DEPORTIVAS!!!

SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO:
11,00/ FOZ - FORD TALLERES CARDI
FTBOL INFANTIL. M. OTERO.
10,30/ BURELA - LOURENZÁ MONDOÑEDO C.F.
FTBOL 8 BENXAMÍN. A MAROSA
10,30/ VIVEIRO - LOURENZÁ MONDOÑEDO C.F.
FTBOL 8 ALEVÍN. MUN. VIVEIRO
18,00/ STA. Mª MAR - MUEBLES HUERTAS
BC. AUTONÓMICA. A CORUÑA
19,30/ CARREIRA NOCTURNA VIESGO
ATLETISMO. LUGO
DOMINGO, 8 DE NOVEMBRO:
09,00/ TRAIL CANGAS DE NARCEA
ATLETISMO. ASTURIAS
11,00/ RAMSEI - FERROVIARIA
FTBOL CADETE. STA. CRUZ
16,00/ PAN DE MONDOÑEDO - ENSINO
BC. CADETE. VIÑAS DA VEIGA
16,15/ PASTORICENSE - AUGACONS LOURENZÁ
FTBOL 1ª AUTONÓMICA. A PASTORIZA.
18,00/ MORANGRUPO - MARISTAS CORUÑA
BASKET NACIONAL. MUN. LOURENZÁ
19,45/ TERRAS DA MARIÑA - ENSINO
BASKET JUNIOR. MUN. LOURENZÁ

4 de nov. de 2015

TEREMOS ÁLBUM DE CROMOS!!! CELEBRACIÓN 20 ANIVERSARIO E.D. LOURENZÁ

ESPEREMOS QUE VOS GUSTE A IDEA!!! A COMPOSICIÓN DO MESMO COMENZARÁ EN BREVE!!!
Presentación do álbum do Numancia de Soria por parte de Cromogal fai unhos días!!!

"Estou orgulloso de adestrar a este equipo polos seus valores". RAMALLAL. LA VOZ.


Tres ouros en Viveiro e Ferrol. Atletismo. MADERAS BARCIA LOURENZÁ


Basket Nacional. O protagonismo do MORANGRUPO, nos xornais de hoxe.



III Cea Baile. "O Cocido Do Atleti". Sábado, 14 de Novembro!!!

ACHÉGASE O EVENTO QUE REMARCA A GRAN UNIÓN DO NOSO ATLETI COA MARABILLOSA AFICIÓN QUE ACOMPAÑA CADA FIN DE SEMANA Ó EQUIPO ,BEN EN PRESENCIA NOS CAMPOS DE FÚTBOL OU EN PENSAMENTO DENDE OS MÁIS RECÓNDITOS LUGARES.
CHEGA O TERCEIRO COCIDO DO ATLETI.
Dende a plantilla do primeiro equipo convidámosvos a vir acompañarnos o vindeiro 14 de novembro nunha marabillosa velada na que haberá dende xogos para os máis pequenos da casa a última hora da tarde , pasando por unha espléndida cea con sopa e cocido, postre, café e chupito, que agora que ven o frío senta moi moi ben e para rematar unha sesión de baile e bó rollo amenizada polo grupo músical EVA AL DESNUDO e o noso animador particular DANI REGO.
Despois de 2 edicións nas que se xuntaron xogadores de moitas xeracións cos actuais e coas promesas que encherán de gloria a Santa Cruz nos vindeiros anos, é ben convertir esta celebración nunha tradición que remarque a gran unión do pobo co equipo e que demostre ano tras ano que en Lourenzá o ATLETI é moi moi moi querido por todos.
ASI QUE NON O PENSES MÁIS E FAITE COA TUA ENTRADA NOS BARES DA VILA!!! O PRAZO REMATA O VINDEIRO LUNS DÍA 9 DE NOVEMBRO


2 de nov. de 2015

Atletismo. Fotos de Ferrol, Vegadeo e Viveiro. Acceder


Ainara e Iria Rguez. imponen a súa lei na Prestixiosa Ferrol Contra o Cancro mentres Henar Méndez gana en Viveiro.

Os atletas do Maderas Barcia Lourenzá disfrutamos durante o fin de semana de nin máis nin menos que de 3 probas.
O sábado participamos na Carreira dos 12 pontes de Vegadeo; e a pesar de non ser competitiva as nosas balas colmaron as primeiras posicións de todas as categorías.
Ademáis o sábado estivemos presentes na Popular de Viveiro. Henar Méndez triunfaba en prebenxamín feminino, Ian Méndez 2º en alevín masculino e Carme Alonso 3ª en infantil feminino.  Cecilia Gómez e Marta Alonso, 4º posto en alevín infantil feminino respectivamente.
E o domingo volamos a Ferrol para disputar a prestixiosa 3ª Popular contra o Cancro con máis de 2000 atletas en parrilla.
Ainara Rguez. gañaba  os 1000 con un tempo de 3,41con absoluta comodidade a proba infantil. Triunfo ademáis para Iria Rguez. nos 500m. con 2,07 en benxamín. Competiron tamén en alevín Carmen García(6ª) e Ian Méndez(7º) e en benxamín Henar Méndez(4ª) e Emma García(8ª).
Equipo triunfador na Popular de Viveiro
Ainara Rguez. impoñendo a súa calidade polas céntricas rúas de Ferrol
Iria Rguez. no alto do pódium benxamín

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe