8 de set. de 2014

Peixe e José Luís lúcense nos 100 kilómetros ultra de Boiro!!!

III ultra btt cicloturismo 100 km
Gran día de btt en Boiro , ruta larga dura e técnica a que lle hai que sumar choiva , barro , nevoa e vento averías mecánicas etc , pero eso non foi impedimento para que os dous integantes do ED.Lourenza.ciclismo non fixeran un gran papel , ocupando o Peixe o posto 16º e Jose Luis Falcon Irigoyen o posto 38º da xeral .
Esto e o que comentaba jose luis o rematar a ruta: "Pois xa de volta da Barbantia Rodas 2014, despois de sair cargadisimo de pernas e estar a punto de dar a volta,pouco a pouco funme atopando mais comodo, o peor? Pinchazo e a ausencia de 2 piñons...., o final 38 da xeral e 25 de master 30, para o ano mais!!!"
José Luís durante a saída da proba disputada en Boiro!!!

7 de set. de 2014

Resultados da 1ª xornada 2ª Autonómica!!!

A partir de agora, podedes seguir todos os resultados actualizados na columna da dereita
ENLACE A RESULTADOS/CLASIFICACIÓNS TEMPORADA 2014/15
Para ver os de 2ª Autonómica só tedes que pinchar en "Augacons Lourenzá"

RESULTADOS/CLASIFICACIÓNS 2014/15



O AUGACONS LOURENZÁ VENCE Ó ALFOZ 1-0 NO DEBUT EN SEGUNDA AUTONÓMICA

O Augacons Lourenzá debutou con victoria no encontro disputado na Santa Cruz frente ó Alfoz que resolveuse con un gol de Montxo no segundo tempo.

O encontro comezou bastante igualado pero co paso dos minutos o Atleti foise facendo co dominio do balón e comezou a chegar con xogadas ben hilvanadas e bos centros que non atoparon rematador, mentres que o Alfoz limtabase a mandar balóns longos a Dani Río que estaba moi só na punta do ataque visitante.

No tramo final da primeira parte o Atleti dispuxo de boas oportunidades con disparos de Montxo e Garrafin e nunha falta sacada por Montxo que a piques estivo de rematar Javi Chinchón coa cabeza cando xa se cantaba o gol na Santa Cruz e así chegouse ó descanso con 0-0.

O segundo periodo empezou con un Lourenzá mais entonado que chegaba continuamente a area visitante e que dispuxo de oportunidades con tiros de Pichi, Montxo e Chinco, este último en 3 ocasións.

Asi no minuto 70 Pichi iniciou unha xogada combinou con Noé que se internou na area e centrou ó segundo pao onde Montxo apuxou a pelota convertindo o 1-0 a postre definitivo,

Pouco despois Noé dispuxo de unha boa oportunidade nun tiro cruzado que pasou a rentes do pao e xa no minuto 82 o Atleti dispuxo de unha doble oportunidade por medio de Chinco e Pichi pero nos ultimos 5 minutos e no tempo de desconto o Alfoz estirouse e puxo en perigo a victoria local con continuos centros a area que meteron o medo a parroquia laurentina pero por fortuna o marcador non se moveu e o Atleti conseguiu os 3 primeiros puntos da tempada.

Lourenzá - Manu, Diego, Carro, Omar, Chinchón, Jorge, Montxo, Garrafín,Chinco,Chicho e Fran.
Tamén xogaron Pichi,Noé e Martin,

 Alfoz - René, Jhonatan, Javi, Pablo, Alvaro, Gil, Pichi, Juanra, Dani Rio, Pille, Ayub.
Tamén xogaron Angel, Jordi e Luismi

6 de set. de 2014

O ATLETI XA SONRÍE: Augacons Lourenzá 1, C.D. Alfoz 0 (Montxinho).

Debut de Ramallal con victoria en Segunda Autonómica diante dun correoso Alfoz que non se entregou en ningún momento. A pesar dunha primeira metade igualada, tras pasar polos vestiarios e con igualdade no marcador vivíronse os mellores momentos do atleti coas mellores oportunidades  ata que chegou o gol de Montxinho tras centro de Noé. Destacar o partidazo dos xogadores que debutaban procedente do xuvenil: Manu, Diego López e Pichi.  En breve publicaremos crónica con alineacións!!! Noraboa!!!
Xogadores do Atleti rodeando a Montxo celebrando o Gol da victoria!!!

Lourenzá - Alfoz; duelo estelar en La Voz de Galicia.

O Atleti preparado para o debut: Augacons Lourenzá - C.D. Alfoz. 17,00 horas. Sta. Cruz!!!

O Atleti chega preparado aínda que con algunha baixa por lesión ó comenzo da temporada e nin máis nin menos que nun derbi. Diante o Alfoz que tamén tratará de sumar puntos dende o principio.
VAMOS, MOITA SORTE NO DEBUT!!!

Entrega de Carnets de Socios das Escolas 2014/2015!!! Queremos ser 300!!!

Dende hoxe pola tarde en Sta. Cruz poderanse recoller os carnets de soci@s das Escolas Deportivas que están sendo tramitados durante esta semana e que se renovan automáticamente. Se algún de vós fora baixa esta temporada 2014/2015 deberá comunicalo por escrito á directiva das Escolas ou enviando un correo a escolaslourenza@gmail.com según figura nos estatutos do clube.
Modalidades:
SOCIO NORMAL - 40 EUROS.
SOCIO PROTECTOR - 75 EUROS.
SOCIO DEPORTIVO - 60 EUROS.
Esta temporada estamos preto dos 300!!! Entre todos conseguirémolo!!!
*** Todas as persoas que sexan soci@s e queiran adquirir a Roupa de Competición das Escolas Deportivas para esta temporada terán importantes descontos presentando o carnet en Ana Sport.
Un millón de GRACIAS POR COLABORAR!!!

4 de set. de 2014

Programación Fin de Semana!!!

Fin de Semana

SÁBADO, 6 SETEMBRO:
09:00 : BARBANTIA RODA
SECCIÓN DE CICLISMO NA SERRA DO BARBANZA
17:00: AUGACONS LOURENZÁ - ALFOZ
FÚTBOL 2º AUTONÓMICA. STA. CRUZ.
18:00: MEDIA MARATÓN RIBADEO
SECCIÓN ADULTOS ATLETISMO.

DOMINGO, 7 SETEMBRO:
10,00: RUTA RÍA DEL EO
SECCIÓN DE CICLISMO. VEGADEO.
10,30: CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA
SECCIÓN ATLETISMO.

Construcciones Augacons, novo patrocinador do Atleti

"Construcciones Augacons" colaborará un ano máis como patrocinador das Escolas Deportivas. Nesta vindeira temporada 2014/2015 será o principal e único patrocinador do Atleti que milita en Segunda Autonómica. Dende a directiva queremos agradecer a labor desta empresa laurentina que leva colaborando xa durante 5 anos coa nosa entidade.
Nos vindeiros días iremos dando a coñecer diferentes patrocinadores que levarán o nomer deportivo das diferentes seccións das Escolas.
Un millón de gracias a tod@s pola vosa colaboración!!!

Juan Nécega cumplirá su séptima campaña al frente del Lourenzá-Ensino. La Voz.

3 de set. de 2014

FOTOS CARREIRA MONTE STA. CRUZ. ACCEDER!!!

Equipo de Adultos en Ribadeo con algún dos componentes dos nenos das Escolas!!!

A SECCIÓN DE ATLETISMO TRIUNFA A PARES EN RIBADEO E NAVELGAS!!!

O pasado sábado día 30 de agosto a sección multiplicouse para estar presentes nas carreiras do Monte Sta. Cruz (Ribadeo) e Navelgas (Asturias).

RESULTADOS  STA. CRUZ – RIBADEO.
 PREBENXAMÍN FEMININO:
1.- IRIA RGUEZ. / ADEMÁIS EMMA GARCÍA FOI 4ª CLASIFICADA.
PREBENXAMÍN MASCULINO:
1.- MARCOS GRAÑA
BENXAMÍN FEMININO:
3.- CARMEN GARCÍA
ALEVÍN FEMININO:
1.- AINARA RGUEZ.
3.- CARME ALONSO / ADEMÁIS MARTA ALONSO FOI 5ª CLASIFICADA
INFANTIL FEMININO:
1.- CLAUDIA GRAÑA
CADETE MASCULINO:
1.- AARÓN RIVAS
CADETE FEMININO:
2.- CARMEN LÓPEZ
 ADEMÁIS, PARTICIPARON NA CARREIRA DOS 8 KILÓMETROS 500 METROS VARIOS ATLETAS DA SECCIÓN DE ADULTOS DAS ESCOLAS, SENDO O PRIMEIRO EN ENTRAR NO APARTADO MASCULINO MARCOS RGUEZ(16 da xeral con un tempo de 36:04). PARTICIPARON ADEMÁIS LUÍS GRAÑA(44), MARISA ARES(95) E JOSÉ LÓPEZ GAVÍN(104).

RESULTADOS NAVELGAS (ASTURIAS).
BENXAMÍN MASCULINO:
3 – FERNANDO VALLINES.
 ALEVÍN FEMININO:
1 – ANA VALLINES / ADEMÁIS MARÍA VALLINES REMATOU EN 5ª POS.

PARTE DO EQUIPO DESPRAZADO A RIBADEO!!!
ANA VALLINES RECIBINDO O PREMIO EN NAVELGAS!!!

1 de set. de 2014

O Iberia adxudícase un interesante 3 en 1. Trofeo Conde Santo.

Resultados dos encontros:
Valadouro 0, Iberia 1
Lourenzá 1 (Chinco), Valadouro 2.
Lourenzá 0, Iberia 0.
O Iberia levouse o trofeo Conde Santo 2014 despois de gañar ó Valadouro e empatar co Iberia. Os nosos pupilos diante do Valadouro realizaron un bo encontro pero en 5 minutos perderon un encontro que tiñan encarrilado. No derradeiro encontro o Atleti intentou a victoria por todos os medios desarbolando ó Iberia pero o gol non subíu ó marcador.
Boa imaxe en definitiva do equipo de Ramallal ante dous equipos de primeira.
Formación do Atleti no Primeiro encontro diante do Valadouro
Oscar "Canario" recolle o trofeo diante do noso Presidente Pablo Maseda

Os Infantís caen 2-1 diante do Ribadeo no Trofeo C. Santo Infantil

A SD Ribadeo adxudicouse o trofeo infantil e demostrou ser un conxunto máis rodado de cara ó inicio de liga. O Ribadeo xa gañaba 0-1 ó descanso. Na segunda metade os pupilos de Michael intentaron por todos os medios conquerir o empate ata que chegou o gol de Javi Álvarez que facía a igualada. O Ribadeo tirou de oficio para establecer o segundo gol que lle daba o trofeo.
O directivo Eduardo Iglesias entregando o Trofeo de Campión ó capitán do Ribadeo!!!

Os Cadetes empatan (1/1 gol de Manu Vázquez) e caen nos penaltis!!!

Lourenzá Mondoñedo 1, SD Ribadeo 1. TROFEO C. SANTO CATEGORÍA CADETE.
Adxudicouse o trofeo Conde Santo 2014 de categoría cadete a SD Ribadeo logo de vencer na tanda de penaltis logo dun partido moi igualado.
Os discípulos de Brenan debutaban na categoría e causaron unha grata impresión. Chegábase co marcador igualado(0-0 ó descanso) e na segunda metade adiantábase o Ribadeo de tiro lonxano pera Manu Vázquez de cabezazo devolvía a igualdade ó marcador.
Na lotería dos penaltis, o Ribadeo tivo máis fortuna.
Xogadores das Escolas e do Ribadeo antes dun saque de esquina!!!

Fotos do XVII Día da Bici!!!. Pinchar para acceder!!!

Javier Gasalla, de 9 anos recibe a Bicicleta de Montaña da man da Alcaldesa Dª. Emma Álvarez

27 de ago. de 2014

XVII Día da Bici. Venres 29 de Agosto: Saída 18,30 horas!!!


XVII Trofeo Conde Santo 2014!!!

Este vindeiro fin de semana o fútbol volverá a ser protagonista no Trofeo Conde Santo:
Sábado - 11,30 / Lourenzá Mond - Ribadeo. Trofeo Cadete
Sábado - 17,00 / Lourenzá Mond - Ribadeo. Trofeo Infantil
Domingo - 18,30 / Trofeo Triangular: Iberia / Valadouro
                 19,15 / Lourenzá /Valadouro
                 20,00 / Lourenzá /Iberia

As Escolas toman a Popular de Burela!!!

O pasado domingo os atletas das Escolas estiveron presentes na Popular de Burela que tiña como saída a praia de A Marosa, e onde os nosos deportistas conseguiron premio en todas as categorías.
Iniciación Mixta:
1 - Ian Méndez
2 - Diana Lastra
3 - Iria Rguez.
Sub 14 Mixta:
1 - Ainara Rguez.
De 14 a 18 Mixta:
3- Carmen López
Veterana Feminina:
1 - Loli Piñeiro
2 - Marisa Ares
Ademáis, Marcos Rguez remataba en 7ª posición en sénior masculino.

Equipo desprazado o pasado domingo a Burela

21 de ago. de 2014

O ATLETI CAE NAS VALGAS 2-1 CO IBERIA DANDO UNHA BOA IMAXE

O Atleti enfrentouse onte mercores nun partido de entrenamento da pretemporada ó Iberia de San Miguel de Reinante, equipo que vai xogar na categoría de Primeira Autonómica na vindeira temporada, e no que o noso equipo caeu por 2-1 dando unha boa imaxe.

O partido comenzou bastante igualado e sen ocasións para ningún dos dous lados pero o Atleti a partir do minuto 10 empezou a aproximarse máis a area blanquiazul.

Asi comezaron a chegar xogadas ben hilvanadas con centros perigosos que solventou a defensa barreirense con algunha que outra dificultade.

Pouco despois un bó centro de Montxo era rematado por Chinco na area pequena para establecer o 0-1.

Antes do descanso Montxo gozou dunha gran ocasión nunha internada pola esquerda que rematou cun disparo forte desde dentro da area que se foi desviado.

No segundo tempo o Iberia impuxose fisicamente posto que puido cambiar a maioría dos integrantes do equipo da primeira metade mentres que o Atleti soamente puido facer 2 cambios e un deles obrigado pola lesión de Pichi.

Así pois o Iberia logrou empatar e despois poñerse por diante en 2 fallos da defensa e portería laurentinas.

A partires do 2-1 o Atleti buscou o empate insistentemente que ben puido chegar nun disparo de Garrafin ó longueiro ou nun tiro cruzado de Chinco dende dentro da area  que se foi lamendo o pao despois dun gran control orientado

O Atleti formou de inicio con Manuel, Felipe, Omar, Roi, Martín, Garrafin, Chicho, Fran, Pichi, Montxo e Chinco.
Tamén xogaron Neira, Diego López, Bugui e Noé.


16 de ago. de 2014

O EQUIPO DE BASKET CADETE XA SUDA!!!

Esta semana comenzou xa os seus adestramentos o equipo de basket cadete que participará en competición federada esta temporada en Liga Provincial. Baixo as ordes de Raúl xa suda nos primeiros adestramentos de cara a prepararse para unha liga dura e esixente onde son as actuais campionas provinciais. Moita Sorte!!!

O Atleti volve hoxe a Sta. Cruz. 18,30 H. Lourenzá - Pastoricense!!!

Hoxe toca de novo disfrutar do Atleti en Sta. Cruz  nun amigable diante dun equipo de 1ª autonómica, o Pastoricense. Será a partir das 18,30 en Sta. Cruz, onde o equipo de Ramallal espera seguir sentido boas sensacións de cara a unha nova temporada que se aveciña e que será apasioante!!!

A SECCIÓN DE ATLETISMO DISFRUTA DA RUN FOZ RUN

Resultados:
PITUFOS:(Non Competitiva)
1.- IRIA RGUEZ.
2.- HENAR MÉNDEZ
CADETE MASCULINO:
1.- AARÓN RIVAS
CADETE FEMININO:
1.- CARMEN LÓPEZ

ADEMÁIS, PARTICIPARON NA CARREIRA DOS 6 KILÓMETROS MOITÍSIMOS REPRESENTANTES DA SECCIÓN DE ADULTOS, ENTRANDO COMO ABANDERADO DA SECCIÓN ENTRE OS 20 PRIMEIROS DA XERAL  MANUEL FOLGUEIRA QUE LEVOU O TROFEO COMO 1º CORREDOR NATURAL DE FOZ EN ENTRAR EN META. NO PÓDIUM TAMÉN ESTIVO A NOSA ALCALDESA EMMA ÁLVAREZ, COMO 3ª VETERANA FEMININA.

PARTICIPANTES DA SECCIÓN DE ADULTOS CON ALGÚN RAPAZ@ DAS CAT. INFERIORES!!!

AS ESCOLAS TOMAN A VOLTA A PIANTÓN(VEGADEO) - ASTURIAS

PITUFOS:
1.- HENAR MÉNDEZ.
4.- EMMA GARCÍA
 BENXAMÍN FEMININO:
1.- DIANA LASTRA
2.- CARMEN GARCÍA
 BENXAMÍN MASCULINO:
1.- NICOLÁS ÁLVAREZ
4.- BRAIS DÍAZ
5.- IAN MÉNDEZ
 ALEVÍN/INFANTIL FEMININO:
2.- CLAUDIA GRAÑA
 ALEVÍN /INFANTIL MASCULINO:
1.- ALEIX DÍAZ
 CADETE MASCULINO:
1.- AARÓN RIVAS
 CADETE FEMININO:
2.- CARMEN LÓPEZ
 ADEMÁIS, PARTICIPARON NA CARREIRA DOS 3 KILÓMETROS 500 METROS VARIOS ATLETAS DA SECCIÓN DE ADULTOS DAS ESCOLAS, OBTENDO PREMIO  LUÍS GRAÑA(3º EN VETERANO A)E LOLI PIÑEIRO(3ª VETERANA A) 
PARTE DO EQUIPO DESPRAZADO A PIANTÓN!!!

12 de ago. de 2014

Ainara e Nico triunfan nos Villares de Guitiriz!!!

2 Campionatos  e 7 PODIUMS da Sección de Atletismo na  Popular Os Villares. A sección de atletismo estivo este pasado sábado dia 9 de agosto disputando esta prestixiosa popular, con triunfo na mesma para Ainara Rguez nas categorías inferiores femininas e Nicolás Álvarez nas masculinas.
            Ademáis:
PITUFOS FEMININO
·         Henar Méndez. Prata
BENXAMÍN FEMININO ata 10 anos
·         Diana Lastra. Prata
·         Valeria Álvarez. Bronce
·         Iria Rguez. 5ª Clasificada.
BENXAMÍN MASCULINO ata 10 anos
·         Nicolás Álvarez. Ouro
·         Ian Méndez. Bronce
·         Samuel Debasa. 4º Clasificado
ALEVÍN E INFANTIL FEMININO. De 11 a 14 anos
·         Ainara Rguez. Ouro
·         Claudia Graña. Bronce
·         Ainhoa López. 5ª Clasificada


Ainara Rguez, xunto despois de recoller o premio en Guitiriz
Nico, Ian e Samu despois da carreira de Guitiriz

10 de ago. de 2014

Os infantís e cadetes xa vencen nos seus primeiros amistosos!!!

Comenzaron con bon pé a pretemporada os equipos de fútbol infantil e cadete. Na matinal de onte sábado os Cadetes vencían por 3 a 1 ó Viveiro Infantil de Liga Galega, nun clásico que se repite todas as temporadas. Os goles de Noceda e Farid(2).
Gañaban tamén os infantís o sábado pola tarde ó Infantil tamén do Viveiro con goles de Ángel(2) e Manu Río(2); nun encontro no que os pupilos de Michael se mostraron superiores no xogo a pesar dos múltiples cambios realizados. Noraboa, rapaces; a seguir así!!!

8 de ago. de 2014

O Futuro!!!. Os equipos INFANTIL e CADETE, Presentados!!!

No día de onte presentáronse os equipos de futbol Infantil e Cadete que competirán esta tempada baixo as siglas das E.D. Lourenzá Mondoñedo en Liga Provincial.
Tamén coñecimos ós que serán os seus adestradores. Michael Sante adestrará ó equipo de fútbol Infantil mentres que Brenan Rivas farase cargo do equipo cadete, que causa alta na liga despois de varias campañas nos que na categoría cadete só competíamos en fútbol sala.
No acto de presentación e como mostra da unión existente, estiveron o presidente das E.D. Lourenzá Pablo Maseda así como o presidente do Mondoñedo C.F. Manuel Barreira.
Ambos equipos debutan xa este vindeiro fin de semana (sábado 9 agosto) en sendos amigables diante do Viveiro C.F. Os cadetes xogarán ás 11:30 mentres que os infantís xogarán ás 19:00 horas (todos en Sta. Cruz).Moita Sorte, Rapaces!!!

5 de ago. de 2014

PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS INFANTIL, CADETE E XUVENIL

O vindeiro xoves 7 de agosto teremos en Santa Cruz a presentación dos equipos infantil, cadete e xuvenil, a partir das 20:00 horas. Se estás nesta idade e queres sumarte ó proxecto animate e acercate polo campo de fútbol. AGARDAMOSTE!!!

MARTÍN PARDIÑAS SUPÉRASE NO DESAFÍO DE SOMIEDO MENTRES ANA VALLINES GANA A MILLA DE ARES.

En dous frentes estivo representada a sección de atletismo das Escolas Deportivas.

            Dunha banda Martín Pardiñas desprazabase a Asturias para participar en Somiedo dunha proba de gran dureza física e demontaña:
DESAFIOSOMIEDO, proba a cal aporta puntos de cualificación para "Ultra-Trail du Mont-Blanc" e conta cun percorrido de 46km e 5.000m de desnivel acumulado, coroando picos de máis de 2.000m de altitude
            Éstas son as declaracións de Martín sobre a proba: “A carreira preciosa pasando por paraxes maravillosos. Eu con unha mezcla de sensacions. Sentiame ben, forte, con moita enerxia pero no km 15 x un erro de concentración torcin un tobillo, pero seguin peleando contra a dor e conseguin manter bastante o nivel ata o km 27 máis ou menos, pero a partir de ahí baixei moito o rendimiento e xa me olvideo de tempos e o unico q qería era chegar. O final conseguino e moi contento x vencer a dor x sobrepoñerme a min mesmo x nn rendirme e aprender a sufrir ese dolor q m minaba paso tras paso. Algo "triste", aunque nn é triste a palabra x non poder correr o meu máximo nivel. O final 6h 27min. e 79º de 300º. Recoñezo q aprendin máis acabando así q si chegara con bo resultado. Dar as gracias a tod@s os q me apoiais sempre q con vos é máis facil, a Lucía x ser a q esta ahí día tras día, a meus país x axudarme, Siro (o mestre) x saber o q decirme sempre, a Valoria, a Xan co que compartin esta experencia na cal él correu o Ultra (86km) e nn teño palabras para definir a este pedazo de montañeiro q fixo un tempo de 12h con problemas de estomago e tormenta incluida ensinandome monton de cousas deste mundo da montaña, os meus amig@s q con ese regalazo acompañaronme toda a carreira e como non os compañeiros das Escolas Deportivas Lourenzá por estar pendentes de min. Ahora toca recuperar o tobillo e volver a correr”

                Ademáis, a sección estivo representada na provincia de A Coruña na prestixiosa Milla de Ares, onde destacacou o triunfo en categoría alevín feminino de Ana Vallines. 
            Ademáis participaron en Pitufos Emma García(6ª), en Benxamín  Carmen García(5ª) e Fernando Vallines (6º) así como María Vallines en alevín feminino (8º).
            A vindeira cita da sección será o vindeiro 9 de Agosto na Popular de Os Villares en Guitiriz. 

4 de ago. de 2014

Victoria do Atleti na nova "era Ramallal" con goles de Chinco e Felipe

Victoria do Atleti no primeiro encontro de pretemporada. Nun partido típico de inicio de campaña e con poucos adestramentos,  diante do Astur Vegadense de Primeira Autonómica o equipo de Ramallal demostrou que vai a dar guerra esta temporada e dobregou ó equipo de Segundo López por 2 a 1. Os goles de Chinco e Felipe. O encontro tamén sirvíu para reencontrarse cos exxogadores veigueños que militan agora no Astur e como non, co míster que estivo dúas campañas con nós Segundo López.

FOTO PRESENTACIÓN ATLETI TEMPORADA 2014/2015

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe