3 de set. de 2015

Un mes para a Val das Fabas!!! GO!!!

Falta 1 mes para que volva a ver a Luz unha das Carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será  o 3 de Outubro de 2015. Sábado.  Ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: "Dous desafíos nunha carreira"
Ésta é a principal novedade coa que se presenta esta edición, a sexta xa da Popular Val das Fabas 2015.
Todos o atletas participantes na categoría absoluta poderán escoller se participan na Carreira Verdina (7 kms) ou na Carreira Galaica(14 kims.) A verdina consta de 1 volta e a Galaica de 2 voltas ó circuito Val das Fabas.
Ademáis teremos premios con trofeos inéditos, camisetas de regalo, medallas para todos os nenos participantes, e moitas máis sorpresas que iremos presentando nos vindeiros días.
Championchipnorte será un ano máis a crono oficial da carreira.
 Go!!!
INSCRIPCIÓN VAL DAS FABAS 2015

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe