28 de set. de 2012

Luís, Jorge e Garrafín; pódium ó Mvp da xornada

Luís Varela, co 37% das votacións alcanzou o título honorífico de Mvp da xornada no encontro diante do Foz. Completaron o pódium Jorge(34%) e Garrafín(17%), nun encontro onde chegaba a primeira victoria do equipo de J. Manuel e a domicilio.
Noraboa!!!

26 de set. de 2012

Vídeo de Ainara ganando o Campionato Galego!!!

Acabamos de conseguir editar o vídeo no que Ainara se proclamaba Campiona Galega de Velocidade Benxamín este pasado Xuño en Ferrol, xusto no día antes de que os máis pequenos se presenten un ano deportivo máis; e que será o segundo ano consecutivo de convenio entre as Escolas de Lourenzá e as de Mondoñedo. Recordade, mañá xoves a presentación ás 20:00 horas no Salón de Actos de lourenzá. 
Aquí tedes o vídeo desta Mindoniense Campiona!!!


José Manuel, en el Progreso


25 de set. de 2012

A XVII Edición das Escolas preséntase este xoves!!!

Este vindeiro xoves día 27 de setembro, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá; preséntase unha nova temporada para os rapaces máis pequenos. Ofértase Fútbol Sala, Fútbol - 11, Fútbol - 8, Baloncesto, Atletismo, Campo a Través, Bádminton e Patinaxe Artístico. O prazo de entrega das inscripcións remata mañá mércores, aínda que ata o momento da presentación podremos ter cambios en función dos horarios dos adestramentos.
Tamén este vindeiro xoves coñeceremos ós monitores que traballarán de voluntarios en todas as disciplinas!!!
Recordade que para adultos tamén temos as instalacións do Ximnasio Municipal, que ofertan Ximnasia de Mantemento, Actividades Motrices, Musculación, Sauna....

24 de set. de 2012

Os goleadores de Primeira Autonómica

PICHICHI da PRIMEIRA:

Con 4: VICTOR (Sdc Cabreiros), HUGO MENDEZ (Castro), DIEGO ARIAS (Bóveda) e CARLITOS (Sdc Residencia)
Con 3: PITI (Sd Rioaveso Machinango), DANI e SIMON (Residencia) e ROBSON (Polvorín)
Con 2: PANDIANI (Bóveda), DIEGO HERMIDA, TOÑITO e CARBALLEIRA (Sociedad Deportiva Burela), PELLON (Cabreiros), NILO (Polvorín), IAGO (Outeiro), HUGO (Castro), PEDREIRA e HUGO RÍOS (Xove Lago), ADRIÁN (Ferreira), ÓSCAR (Rioaveso), ALBERTO DÍAZ, ALBERTE e ALVARO (Scd Milagrosa Magin) e LUIS VARELA e RECALDE (Escolas Deportivas Lourenzá)

Crónica do Foz - Lourenzá. El Progreso


Añadida enquisa ó Mvp do Foz 1 Lourenzá 2.

Visto a grande cantidade de siareiros desprazados a Foz, abrimos as votacións tamén nesta ocasión como visitantes para elexir ós mellores do Foz - Lourenzá.
Recordade: podedes votar a máis dun xogador !!!

El Lourenzá toma oxígeno a costa del Foz. La Voz.


Luís e Garrafín celebran o golazo que supoñía o 0-1

23 de set. de 2012

Resultados e Clasificacións 1ª Autonómica.

U.D. Xove Lago2At. Escairón0
Polvorín S.D.4A.D. Bóveda C.F.6
S.C.D. Milagrosa5Rioaveso Machinango2
S.D.C. Cabreiros0U.D. Pastoricense1
C.D. Castro2Ferreira C.F.1
S.D. Outeiro de Rei2S.D.C. Xermade0
C.D. Foz1E.D. Lourenzá2
S.D. Burela2C.D. Alfoz0
S.D. Residencia5S.D. Cervo-Sargadelos0

X.
G.E.P.GF.GC.GA.Puntos
1. S.D. Residencia44001311212
2. C.D. Castro4400112912
3. S.D. Burela43101101110
4. S.C.D. Milagrosa430110469
5. S.D. Outeiro de Rei42206248
6. S.D.C. Cabreiros42118267
7. U.D. Xove Lago42115237
8. Rioaveso Machinango4202810-26
9. A.D. Bóveda C.F.4202913-46
10. Polvorín S.D.4112911-24
11. U.D. Pastoricense411224-24
12. E.D. Lourenzá411258-34
13. C.D. Alfoz411236-34
14. S.D. Cervo-Sargadelos411238-54
15. At. Escairón410325-33
16. Ferreira C.F.410337-43
17. C.D. Foz4004213-110
18. S.D.C. Xermade4004113-120

Final Feliz: Foz 1, Lourenzá 2.

Primeiro triunfo da temporada. Os goles de Luís Varela e Iván Recalde (penalti) fixeron xusticia no marcador nun partido no que equipo de J. Manuel foi de menos a máis. Agradecer como é costume o apoio da afición que se desprazou a Foz para animar a un equipo que o necesitaba.
Estamos no camiño. A seguir traballando!!!


22 de set. de 2012

A val das Fabas, en El Progreso


Foz - Lourenzá. Derbi de necesitados. En directo!!!

Mañá domingo chega na 4ª Xornada un derbi de necesitados. Enfrentámonos a un Foz que todavía non puntuou ante un equipo o noso que non coñece a victoria. Viaxamos coas xa coñecidas baixas de Luchi e Felipe (por lesión) e a de Montxinho (por sanción). Partido moi complicado posto que o Foz intentará poñernos as cousas moi difíciles para puntuar.
O partido, ás 17:00 horas. Os que non podades viaxar a Foz podedes seguilo a través da nosa páxina oficial así como do twitter.
É ademáis un partido histórico por ser a primeira vez que xogamos en Liga un partido oficial (ata agora xogaramos contra o Foz en amistosos e categorías inferiores).
Moita sorte, rapaces!!!
DOMINGO. 17,00 H: FOZ - LOURENZÁ. M. OTERO

21 de set. de 2012

Presentacion hoxe da Val das Fabas!!!

No Salón de Actos do Concello, a partir das 18,30 horas; presentamos unha das carreiras con máis sabor popular de Galicia a pesar de estar só na súa III Edición.
No acto estarán presentes:
- Dª. Emma Álvarez. Alcaldesa do Concello de Lourenzá.
- D. Manuel Otero. Xefe do Servicio Provincial de Deportes.
- D. Pablo Maseda. Concelleiro de Deportes e Presidente das E.D. Lourenzá.


20 de set. de 2012

Martín, Mvp da xornada

Martín García Longarela, resultou vencedor da xornada co 50% dos votos. A pesar do partido gris do equipo, destacou este rapaz de 19 anos(procede do xuvenil) e que se está a afianzar na banda esquerda de 1ª autonómica pola gran calidade que presenta.
Ademáis, destacaron Jorge (21%) que entrou na segunda metade e Luís Varela (14%) autor do único gol local.
Martín, o día do primeiro partido diante do Cabreiros

Sancións deportivas!!!

Fútbol 1ª Autonómica: 

Montxinho: 1 partido por dobre amonestación.


Felipe recupérase satisfactoriamente

Felipe González foi operado ó final da tarde de onte da rotura do tendón de Aquiles. A operación saíu ben polo que se espera que reciba a alta médica mañá venres. Felipe regresara este ano ó equipo de 1ª autonómica despois de dous anos de paréntise, e a súa lesión coincidiu xusto antes do comenzo de liga.
Desexámosche unha pronta recuperación. Moito Ánimo!!!.

                      Felipe, o día da presentación en Sta. Cruz a comenzos de Agosto

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe