Este pasado Sábado celebrouse en Boiro o campeonato Galego de btt maratón , nun duro percorrido de 100km e un desnivel de mais de 3000 m . O noso único representante Javier Peixe demostrou estar nun gran momento de forma xa que rematou a proba no posto 10º da xeral con un tempo de 5:20:00 , o que lle valdría para subir o podio na 3ª posición da sua categoría master 40 .
O gañador da proba foi o actual campeón de España ultramaratón Brandan Marquez , segundo sería Javi Busto e terceiro Alejandro Trasbach.
En féminas a gañadora foi Verónica Montes seguida de Ana María Gonzalez e terceira sería Anuska Vilas .
Mañá sábado día 12 a sección de ciclismo estará presente na I Ruta BTTeiros Cova da Serpe de Guitiriz.