22 de xan. de 2019

Fer Vallines, convocado para o 2 de Febreiro para unha concentración do sector de lanzamentos

Fernando Vallines estará concetrado o vindeiro sábado día 2 febreiro nas instalación do Inef de A Coruña baixo as ordes de Raimundo Fernández e Víctor Gallego.
Fernando obstenta agora mesmo a mellor marca de lanzamentos da temporada e está na axenda dos técnicos para futuras chamadas da selección galega.
Moita sorte, Fer e a disfrutar!!!

16 de xan. de 2019

As Balas ganan en 7 das 10 probas disputadas da 2ª preparatoria de campo a través con triunfos de Carlota Menéndez e Pablo Martínez en prebenxamín, Lidia Balseiro Benxamín, Iria Rguez. e André Moreno infantil e Iria Otero e Manu Rguez. en cadete. Moitos pódiums máis e moitísimos diplomas configuraron unha excelente xornada. Agora a pensar no vindeiro domingo onde os 8 primeiros individuais e os 2 primeiros equipos accederán ó Provincial. Go!!!


Os xuvenís Ana Vallines e Marcos Rivas disfrutan nun control en Oviedo en 1500 con marca mínima para o galego!!! Lidia Balseiro, marca do ano en 500 en Riazor!!!

Ademáis de toda a competición de campo a través que tivemos o pasado domingo, tres atletas do Maderas Barcia estiveron como protagonistas en dous eventos máis.
Ata Oviedo desprazábanse o sábado Ana Vallines e Marcos Rivas para tomar parte na proba de control de 1500 en pista cuberta.
Ana Vallines realizaba 5:16:65 (a 3,30 o km.) e Marcos Rivas conseguía un 4,54,25 (a 3,16 o km.) polo que ambos poderán participar no Cto. Galego xuvenil que se disputará o vindeiro domingo día 20 en Ourense, aínda que Ana ten tamén marca en 3000 realizada esta tempada en Ourense e terá que decidirse entre ambas probas.
Ademáis a polifacética benxamín Lidia Balseiro lograba a mellor marca persoal do ano o sábado na pista cuberta de Riazor con un 1,47,95 en 500 lisos.


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe