21 de set. de 2015

O Xoves, ás 19:00 horas; presentación dos máis pequenos das Escolas. O mércores, finaliza o prazo de inscripción das Escolas para esta temporada

Aínda que a maioría dos equipos xa se foron presentado durante os meses de agosto e setembro, os máis pequenos das escolas (pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín de fútbol sala e fútbol-8, minibasket, patinaxe, .....) terán a ocasión de presentarse oficialmente e coñecer horarios e adestradores o vindeiro xoves 24 ás 19,00 horas no Salón de Actos do Concello. O mércores día 23 finaliza oficialmente o prazo de anotación.
Os alumn@s das Escolas por 6 euros ó mes poden anotarse en todas as actividades que se ofertan, que un ano máis van dende o fútbol, fútbol sala, campo a través, atletismo, baloncesto... ata o patinaxe artístico.
As edades van dende a categoría pitufos (2011/2010) ata a xuvenil(98/97) pasando por prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.
Para anotarse debedes de entregar a ficha de inscripción nas dependencias municipais do Concello de Lourenzá dende as 9,00 ás 14,00 horas ou ben vía intranet simplemente cumprimentando unhos datos a través da páxina www.edlourenza.blogspot.comÉste é o ano do XX Aniversario de funcionamento das Escolas, polo que ó longo da temporada programarase algunha actividade especial para celebrar este momento.A disfrutar co Deporte!!!
Benxamín de Fútbol Sala Subcampión Provincial 2014/2015

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe