31 de dec. de 2012

A sección de atletismo rematará o ano como mellor sabe... CORRENDO!!!

Hoxe a sección de Atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo estarán esta tarde na San Silvestre de Ribadeo. Será a partir das 16,30 horas cando sairá a primeira carreira. A saída do Cantón (Lourenzá) será ás 14:30 horas.
Moita sorte e a rematar ben o ano!!!

Parte dos integrantes da sección que hoxe competirán en Ribadeo!!!

26 de dec. de 2012

A cesta de nadal das Escolas xa ten dona!!!

No día de hoxe, nas dependencias do Concello de Lourenzá entregouse a tradicional cesta de Nadal que sorteamos todos os anos. A afortunada nesta ocasión foi Noa Otero Palacios, de Lourenzá. Xoel Otero, xogador do equipo alevín, foi o encargado de levar a sorte á Tilleira. Noraboa e a disfrutala!!!
Xoel entrega a cesta a Noa, nas oficinas municipais.
                        

23 de dec. de 2012

Machada ante o líder. Milagrosa 0 Lourenzá 2

Goles: Montxinho e Montxinho. Descanso 0-1. GRANDES.

Luchi, MVP do Lourenzá - Polvorín.

A pesar de xogar un bo encontro e o equipo caer derrotado, Luchi(35% dos votos) foi elexido o xogador mellor valorado do partido, seguido por Jorge (23%) e Bugui e Luís Varela (17%). 
Hoxe o equipo visita en Lugo á Milagrosa (17 horas) colíder da categoría coa intención de dar a sorpresa da xornada. Non viaxan Rego e Recalde (lesionados) e Jorge (sancionado por acumulación)
VAMOS ATLETI!!!

22 de dec. de 2012

33.500 euros repartidos no 27760!!!

O Código Postal de Lourenzá empeza a dar sorte. O 27760 coincide coas dúas últimas cifras do segundo premio. Repartimos un total de 6700 euros(335 décimos) o que otorgan un premio de 33.500 euros. Cada papeleta ten un premio, por tanto, de 20 euros. O premio está repartido en Mondoñedo, Barreiros, Trabada, Foz e sobre todo en Lourenzá; onde se xogou a maior parte dos 6700 euros. Noraboa a tod@s os afortunados. Para cobrar os premios, en Caixa Rural de Lourenzá!!!

21 de dec. de 2012

A xunta estudiará facer un campo de fútbol en Lourenzá. El Progreso


Buscando sorte no... 27760.

Gracias a todos os que colaborastes con nós, as Escolas Deportivas Lourenzá distribuiron dende o mes de Agosto ata hoxe un total de 335 décimos que fan un total de 6700 EUROS do número 27760 que representa á nosa capital co seu código postal.Comunicarvos ademáis que nun principio nas papeletas figura como banco depositario o Banco Caixa Geral, pero tras o seu traslado a Lugo o mes pasado os décimos pasan a estar depositados en Caixa Rural Galega, banco onde se cobrarán as papeletas no caso dun hipotético premio.
Agradecementos tamén para os rapaces máis pequenos das diferente seccións que distribuiron tamén as Rifas da tradicional Cesta de Nadal que se pode ver no Concello.
MOITA SORTE!!!
Décimos depositados en Caixa Rural

Cesta de Nadal en Concello

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe